"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Cartógrafo. Foi piloto mercante e auxiliar facultativo e minas. Colaborou con G. Schulz na realización do mapa petrográfico e mineiro de Galicia e nos mapas xeográfico, mineralóxico e orográfico de Asturias. Fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey de Sierra Albanilla (Almería). Foi vicepresidente do Comité Rexionalista de Lugo e representou a Ribadeo na deputación provincial. Escribiu Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878) e El puente de Ribadeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Baptiste Reinhardt.
-
PERSOEIRO
Guitarrista de jazz. Coñecido como Django Reinhardt, en 1934 formou o grupo Quintet Hot Club de Francia. Desde 1946 formou parte da orquestra de Duke Ellington. Das súas composicións destacan Echoes of France (1946) e Blues por Ike (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Profesor desde 1940 na Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915), e maxistrado de Audiencia desde 1933. Deputado pola Coruña como independente en 1921 e polo Partido Republicano Conservador en 1933, foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e enxeñeiro. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi director do área de estudos, traballos e recursos de Fenosa (1981), director xeral de Unión Eléctrica Fenosa (1983-1989), conselleiro delegado de Unión Eléctrica Española (1989-2002) e presidente do consello de administración de Unión Fenosa (2002). Tamén foi conselleiro de Gibbs and Hill Española, Compañía Española de Industrias Electroquímicas, Electra Conquense, Norcontrol e vicepresidente de Begasa. Escribiu, en colaboración co fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal, O Viño (1993). Recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (1997) e o de comendador da Real Orde do Mérito Civil de Noruega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Canedo (Ourense). Construída no s XVIII, ten planta rectangular con dous andares e un patio interior, con escaleira e solaina, e conta cun corpo engadido ao SO. Os seus escudos, que aluden aos Reinoso, atópanse na casa de Coto Martín.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico no s XII, ten nave única e ábsida pentagonal con tres ventanais. Na fachada, moi reformada, presenta unha porta cun dobre arco de medio punto. Conserva varios canzorros na cornixa. No interior destaca o retablo maior, barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e caricaturista francés. Foi colaborador habitual das revistas Hara Kiri e Charlie Hebdo. Baseándose na experiencia cotiá, desenvolveu un sentido do humor directo e corrosivo, potenciado por un debuxo de trazo libre e dinámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aviadora. Bateu a marca feminina de distancia en 1935 ao voar 160 km en liña recta nun planeador e en 1936 a marca de altura con 2.800 m. En 1937 cruzou os Alpes. Partidaria do nacionalsocialismo, foi piloto de probas da Luftwaffe e participiu nos proxectos tecnolóxicos da aviación alemá, como a creación dun escuadrón suicida con bombas V-1, que non chegou a entrar en combate. Ao terminar a Segunda Guerra Mundial estivo detida en Austria. Escribiu a súa autobiografía Mein Leben (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Rodríguez Reixa.
-
PERSOEIRO
Compositor. Escribiu diversas óperas, sinfonías, música vogal e uns célebres Grandes quintetos para instrumentos de vento. Foi un renovador no campo da harmonía e prestou unha especial atención á arte do contrapunto. Foi mestre de Berlioz, F. Liszt, C. Frank e Ch. Gounod.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Abandonou a súa inicial vocación pictórica pola fotografía e instalou un estudo en Wolverhampton, onde realizou retratos seguindo técnicas, temas e poses pitóricas. Instalado en Londres (1862), foi un dos primeiros en experimentar coa dobre exposición e a fotomontaxe, manipulando e retocando as fotografías. Participou na segunda Exposición Universal en París (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. De nome Regina Lang, estudou pintura en Stuttgart, Berlín e París, aínda que logo se decantou pola fotografía, influída pola súa irmá. Das súas viaxes polo S de Europa (1934-1939) saíron numerosas series fotográficas pero, de volta a Alemaña, dedicouse á fotografía de moda. Traballou para Vogue (1938), Die Dame (1940-1942) e Madame (1956). Instalada en Múnic (1948), publicou Dreißig Jahre Made Paris (1982), Dreißig Jahre Made Italien (1983) e Faszination Hüte (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de relanzar.
-
-
Parte dun río onde a corrente de auga se fai moi lenta ou se detén.
-
Cada unha das superficies planas dunha escaleira ao final dun tramo, especialmente nos ángulos do oco da escaleira.
-
Zona plana que interrompe a pendente dun camiño ou dun terreo.
-
Cambio moi pronunciado na dirección dun camiño, dunha rúa ou dunha estrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Carballo (Taboada). Realizada en cachotaría e cantaría de granito, a maior parte do conxunto data do s XVIII, aínda que está documentada a súa existencia xa no s XV. Ten planta rectangular con varias dependencias acaroadas. Na fachada principal destaca a solaina, que se abre a un patio exterior, e un escudo coas armas dos Camba, Ulloa e Taboada. Rodeada dun muro, no terreo sitúanse diversas dependencias adxectivas.
-
-
Que relaxa.
-
Aplícase ao medicamento empregado para diminuír o ton dos músculos esqueléticos mediante o bloqueo dos impulsos dos nervios somáticos motores ou por depresión das neuronas do sistema nervioso central.
-