relanzo

relanzo
  1. s m

    Parte dun río onde a corrente de auga se fai moi lenta ou se detén.

    Sinónimos: remanso.
  2. s m

    Cada unha das superficies planas dunha escaleira ao final dun tramo, especialmente nos ángulos do oco da escaleira.

    Sinónimos: descanso.
  3. s m

    Zona plana que interrompe a pendente dun camiño ou dun terreo.

  4. s m

    Cambio moi pronunciado na dirección dun camiño, dunha rúa ou dunha estrada.

    Sinónimos: retorta, revolta.