relapso -sa

relapso -sa

(< lat relapsu, p p de relābi)

  1. adx e s [RELIX]

    Que ou quen recae nunha herexía da que abxurara. No Tribunal da Inquisición o reo relapso merecía automaticamente o encarceramento e, a partir de mediados do s XIII, era condenado a morte e relaxado.

  2. adx e s [RELIX]

    Que ou quen reincide ou incorre de novo nun pecado do que xa fora absolto.

Palabras veciñas

relanzamento | relanzar | relanzo | relapso -sa | relar | Relás, casa grande de | relatar