descanso

descanso

(

  1. s m

    Acción de descansar.

  2. s m

    Aquilo que alivia a fatiga nas dificultades físicas ou morais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tras do traballo vén o descanso, mais tamén vén o cansazo”.

    Ex: Que o fillo se quitara das drogas foi para el un descanso.

    Sinónimos: acougo, repouso.
  3. s m

    Plano horizontal entre os tramos das escaleiras.

    Sinónimos: relanzo.
  4. s m

    Tempo en que se interrompe un acto ou un espectáculo.

    Ex: No concerto houbo tres descansos.

  5. s m

    Obxecto sobre o que descansa unha cousa.

    Sinónimos: apoio, soporte.
  6. s m
    1. [DEP]

      Posición ximnástica que se adopta ao finalizar un exercicio, consistente en colocar o pé esquerdo lixeiramente máis adiantado que o dereito, mentres por detrás a man dereita suxeita o puño esquerdo, cos cóbados cara a fóra e o corpo recto.

    2. [BÉL]

      Posición que adopta a tropa despois de recibir a orde correspondente, que consiste en colocar o pé esquerdo lixeiramente máis adiantado que o dereito; cando se portan armas longas pousase a culata no chan mentres se sostén o canón coa mán dereita; se non se levan, a man dereita suxeita o puño esquerdo.

  7. descanso semanal [DER]

    Dereito do traballador a interromper a súa prestación de servicios un día e medio ininterrompido á semana, pero sen deixar de percibir a remuneración correspondente. Malia esa disposición xeral, o goberno pode ampliar ou limitar a duración do descanso naqueles sectores que así o requiran. O tempo de descanso semanal pódese acumular na proporción equivalente, por períodos de catorce días como máximo. Como norma xeral, o período de descanso semanal comprende a tarde do sábado, ou a mañá do luns e o día completo do domingo. Para os menores de idade, o descanso semanal alcanza dous días ininterrompidos.

Refráns

  • As veces descansar non é o mesmo que folgar.
  • bis O que quere descansar ten que saber o que é trabalIar.
  • Bótate na túa cama e pensa ben na túa casa.
  • Descansar, para non traballar.
  • Folgade, galiñas, que vos morreu o galo.
  • Moitas paradas fan os días pequenos.
  • O corpo na cama, se non dorme, descansa.
  • O moito folgar tamén chega a cansar.
  • O que non se cansa non sabe o que é descansar.
  • Ou na corte ou no cortelIo o gando quere o seu descanso e sosego.
  • Para o carro e mexaranche os bois.
  • Sempre andar e andar sen descansar, non hai corpo que o poida aturar.
  • ¡Alégrate, albardeiro, que se queima a palla!
  • ¡Folgade, galiñas, que o galo está nas vendimas!
  • ¡Folgade, galiñas, que o galo morreu!

Palabras veciñas

descansado -da | descansadoiro | descansar | descanso | descantar | descantear | descanto