descanso
(
-
s
m
Acción de descansar.
-
s
m
Aquilo que alivia a fatiga nas dificultades físicas ou morais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tras do traballo vén o descanso, mais tamén vén o cansazo”.
Ex: Que o fillo se quitara das drogas foi para el un descanso.
Sinónimos: acougo, repouso. -
s
m
Plano horizontal entre os tramos das escaleiras.
Sinónimos: relanzo. -
s
m
Tempo en que se interrompe un acto ou un espectáculo.
Ex: No concerto houbo tres descansos.
-
s
m
Obxecto sobre o que descansa unha cousa.
Sinónimos: apoio, soporte. -
s
m
-
[DEP]
Posición ximnástica que se adopta ao finalizar un exercicio, consistente en colocar o pé esquerdo lixeiramente máis adiantado que o dereito, mentres por detrás a man dereita suxeita o puño esquerdo, cos cóbados cara a fóra e o corpo recto.
-
[BÉL]
Posición que adopta a tropa despois de recibir a orde correspondente, que consiste en colocar o pé esquerdo lixeiramente máis adiantado que o dereito; cando se portan armas longas pousase a culata no chan mentres se sostén o canón coa mán dereita; se non se levan, a man dereita suxeita o puño esquerdo.
-
[DEP]
-
descanso semanal
[DER]
Dereito do traballador a interromper a súa prestación de servicios un día e medio ininterrompido á semana, pero sen deixar de percibir a remuneración correspondente. Malia esa disposición xeral, o goberno pode ampliar ou limitar a duración do descanso naqueles sectores que así o requiran. O tempo de descanso semanal pódese acumular na proporción equivalente, por períodos de catorce días como máximo. Como norma xeral, o período de descanso semanal comprende a tarde do sábado, ou a mañá do luns e o día completo do domingo. Para os menores de idade, o descanso semanal alcanza dous días ininterrompidos.
Refráns
- As veces descansar non é o mesmo que folgar.
- bis O que quere descansar ten que saber o que é trabalIar.
- Bótate na túa cama e pensa ben na túa casa.
- Descansar, para non traballar.
- Folgade, galiñas, que vos morreu o galo.
- Moitas paradas fan os días pequenos.
- O corpo na cama, se non dorme, descansa.
- O moito folgar tamén chega a cansar.
- O que non se cansa non sabe o que é descansar.
- Ou na corte ou no cortelIo o gando quere o seu descanso e sosego.
- Para o carro e mexaranche os bois.
- Sempre andar e andar sen descansar, non hai corpo que o poida aturar.
- ¡Alégrate, albardeiro, que se queima a palla!
- ¡Folgade, galiñas, que o galo está nas vendimas!
- ¡Folgade, galiñas, que o galo morreu!