descansado -da
descansado -da
(< descansar)
-
p reg
de descansar.
-
adx
Que non cansa ou non require moito esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mocidade ben pasada, vellez longa e descansada”.
Ex: A todos nos gustaría ter un traballo descansado.
-
adx
Que actúa con lentitude ou despreocupación, mesmo descoidando as súas obrigas.
Ex: É tan descansado que os pais non confían nel para deixalo a cargo do negocio.