descansado -da

descansado -da

(< descansar)

  1. p reg

    de descansar.

  2. adx

    Que non cansa ou non require moito esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Mocidade ben pasada, vellez longa e descansada”.

    Ex: A todos nos gustaría ter un traballo descansado.

  3. adx

    Que actúa con lentitude ou despreocupación, mesmo descoidando as súas obrigas.

    Ex: É tan descansado que os pais non confían nel para deixalo a cargo do negocio.

Palabras veciñas

descampado | descangar | descanotar | descansado -da | descansadoiro | descansar | descanso