descansar
(< des- + cansar)
-
v i
Interromper unha actividade para facer desaparecer o cansazo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces descansar non é o mesmo que folgar. O que quere descansar ten que saber o que é traballar. Que lle imos facer? Descansar e volver beber”.
Ex: Se non descansas de vez en cando, mañá terás maniotas.
Sinónimos: acougar, repousar. Confrontacións: pousar. -
v i
Estar sen traballar.
Ex: Os bombeiros traballan dous días e descansan tres.
Confrontacións: folgar. -
v i
Permanecer en estado de repouso e sen consciencia.
Ex: Gústalle descansar media hora despois do xantar.
Sinónimos: durmir. -
v i
Xacer no sepulcro.
Ex: O defunto descansa xa no cemiterio da súa terra natal.
Sinónimos: repousar. -
v i
Recuperarse a terra durante o tempo que non se traballa.
Ex: Vale a pena deixar que descansen as leiras para logo ter mellores colleitas.
-
v i
Deixar de estar atormentado por unha dor ou preocupación.
Ex: Só descansei cando paguei todas as miñas débedas.
Confrontacións: acougar. - v i
-
v i
Estar algo parado e sen utilizar nalgún lugar.
Ex: O carro descansaba na eira dende que morrera o amo. Os libros descansan hai tempo nun dos andeis da biblioteca.
Confrontacións: repousar. -
v t
Facer algo que desapareza o cansazo do corpo ou dunha parte del.
Ex: Esas gafas descánsanlle a vista. OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Un baño descansa moito.
Confrontacións: aliviar. -
v t
Deixar de facer traballar un membro do corpo ou unha máquina.
Ex: Descansa de vez en cando o brazo se queres que che cure.
Confrontacións: repousar. -
v t
Contar penas ou preocupacións a alguén. Sempre descansa en min todas as súas ansiedades. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.
Ex: De todos os irmáns a súa nai sempre descansa nel.
Sinónimos: desabafar, confiar. -
v t
Delegar traballos ou obrigacións en alguén.
Ex: Descansa no fillo parte do seu traballo.
-
v t
Apoiar algo sobre unha cousa que o sosteña.
Ex: Descansa un pouco a escaleira na parede. Descansou a cabeza na man.
-
v t
Axudar a alguén quitándolle traballo.
Ex: Ten un secretario que o descansa moito.
Palabras veciñas
descanotar | descansado -da | descansadoiro | descansar | descanso | descantar | descantearIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descanso
descansas
descansa
descansamos
descansades
descansan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansaba
descansabas
descansaba
descansabamos
descansabades
descansaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansei
descansaches
descansou
descansamos
descansastes
descansaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansara
descansaras
descansara
descansaramos
descansarades
descansaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansarei
descansarás
descansará
descansaremos
descansaredes
descansarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansaría
descansarías
descansaría
descansariamos
descansariades
descansarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descanse
descanses
descanse
descansemos
descansedes
descansen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansase
descansases
descansase
descansasemos
descansasedes
descansasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansar
descansares
descansar
descansarmos
descansardes
descansaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
descansa
-
-
descansade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descansar
descansares
descansar
descansarmos
descansardes
descansaren
descansada
descansados
descansadas