repousar

repousar

(< lat repausāre)

  1. v i
    1. Ficar inactivo para descansar despois de realizar unha actividade.

      Ex: Repousa un pouco que xa traballaches moito.

    2. Permanecer algo ou alguén en repouso, sen que reciba ningún movemento.

      Ex: Repousou case totalmente os últimos tres meses do embarazo.

  2. v i

    Xacer ou estar enterrado.

    Ex: No Panteón de Galegos Ilustres repousan os restos de Rosalía de Castro.

  3. v i

    Ter algo a súa base nalgunha cousa.

    Ex: Este hórreo repousa en doce pés.

  4. v i [DER]

    Reformar un decreto ou unha resolución xudicial por interposición do recurso de reposición.

  5. v i

    Estar algo sostido nalgunha cousa.

    Ex: Este é un pobo que repousa nas súas crenzas.