repouso
repouso
(< repousar)
-
s
m
-
Estado dunha cousa ou persoa que non realiza ningunha actividade ou movemento.
-
Estado dunha persoa que está tranquila e sosegada.
-
-
s
m
[FÍS]
Estado cinemático dun sistema físico cuxos puntos teñen as coordenadas constantes no transcurso do tempo (respecto a un sistema de referencia). A mecánica clásica distingue entre repouso absoluto (cando o sistema de referencia permanece completamente inmóbil) e repouso relativo (se este posúe un certo movemento).
-
s
m
[BOT]
Retardo ou cesamento do crecemento das plantas en épocas desfavorables, a causa do frío ou da falta de auga.
Refráns
- A cama é boa cousa: o que non pode durmir, repousa.
- A cama é o mellor repouso, que, anque non durma o ollo, descansa o óso.