apoio

apoio

(< apoiar)

  1. s m

    Obxecto que se situa ao lado ou debaixo doutro para que este manteña o equilibrio.

    Ex: O tentemozo é o apoio do carro cando non están cangados os bois.

    Sinónimos: soporte.
  2. s m

    Punto determinado onde un obxecto se afinca sobre unha superficie firme.

    Ex: Esta columna funciona de punto de apoio.

    Sinónimos: base, base.
  3. s m

    Auxilio que se presta a alguén.

    Sinónimos: amparo, axuda, protección, amparo.
  4. s m

    Feito ou dito emitido en favor de alguén para a obtención dun obxectivo.

    Ex: Terás todo o meu apoio para conseguir a túa bolsa de estudios.

    Sinónimos: axuda.

Palabras veciñas

apogónido -da | apógrafo | apoiar | apoio | apolar | apoleirar | Apolinar