protección

protección

(< lat protectĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de protexer ou de protexerse.

    1. s f

      Cousa ou persoa que protexe.

    2. protección de menores [DER]

      Órgano xurisdicional integrado no poder xudicial coa denominación de xulgado de menores, ao que corresponde o exercicio das funcións reformadoras establecidas polas leis para os menores de idade, autores de feitos que a lei tipifica como delito ou falta. En todas as lexislacións foron abolidas as penas para os menores delincuentes e substituíronse por medidas educativas e de reintegración social.

    3. protección diplomática [DER]

      Dereito que un estado exerce no estranxeiro en proveito dos seus propios súbditos ou doutras persoas de estados protexidos ou considerados protexidos.

  2. s f

    Axuda ou amparo que recibe alguén.

    Ex: Contou coa protección do seu tío para ascender na empresa.

    Confrontacións: apoio.
  3. s f [ECON]

    Conxunto de medidas establecidas para salvagardar a actividade económica nacional.

  4. s f [FÍS/TECNOL]

    Sistema que detecta e elimina calquera defecto ou anomalía que se pode producir nunha liña, máquina ou instalación eléctrica.

  5. s f [QUÍM]

    Operación que consiste na transformación dun grupo funcional noutro máis estable ao longo da secuencia sintética á que se somete unha molécula, e que se pode converter no grupo funcional orixinal, mediante unha desprotección. Normalmente, lévase a cabo unha protección mediante a introdución dun grupo protector, o que ten que cumprir as condicións de ser fácil de inserir mediante unha reacción de mecanismos coñecidos e que as condicións desta non alteren os outros grupos funcionais presentes, ser estable nas condicións ás que hai que someter o substrato ao longo da secuencia sintética e ser facilmente eliminable, sen alteración do resto da molécula. Os grupos protectores empréganse na síntese de estruturas complexas, como o son a maioría das dos produtos naturais, e constitúen un dos elementos de control que máis se empregan en síntese orgánica.

  6. s f [DEP]

    Pezas ou estruturas que, nalgúns deportes, serven para protexerse contra os golpes.

  7. protección catódica [TECNOL]

    protección catódica.

  8. protección civil [SOCIOL]

    Organización destinada á protección das persoas e dos bens en situacións de risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria, cando a vida das persoas pode perigar ou, incluso, sucumbir masivamente. Constitúe un servizo público a cargo da administración civil do estado. Na súa organización, funcionamento e execución participan as restantes administracións e institucións específicas, caso da Cruz Vermella. As forzas e os corpos de seguridade, como tamén as forzas armadas, interveñen en accións precisas cando é necesario, e cóntase tamén coa colaboración dos cidadáns.

  9. protección de datos [INFORM]

    Sistema legal que garante a confidencialidade dos datos persoais que están en poder da Administración Pública ou doutras organizacións. Está regulada pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. A Agencia de Protección de Datos vela polo cumprimento da lexislación vixente e polo control da súa aplicación, en especial no relativo aos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos.

  10. protección de metais [QUÍM/IND]

    Recubrimento dunha superficie metálica cunha substancia para protexela da oxidación, corrosión ou desgaste. A protección por recubrimento metálico adoita obterse por electrodeposición, metalización, galvanización ou cementación, mentres que a protección por recubrimento non metálico obtense por aplicación de pinturas, vernices ou esmaltes sobre a superficie que se quere protexer.

  11. protección radiolóxica [TECNOL/FÍS]

    radioprotección.

Palabras veciñas

proteáceo -a | proteal | protease | protección | proteccionismo | proteccionista | protector -ra