proteccionismo

proteccionismo

(

s m [ECON]

Política económica dirixida a protexer a economía dun estado, defendendo os seus produtos da competencia estranxeira. Esta política pode ir desde a prohibición da importación ou a exportación, ata a utilización dos aranceis como instrumentos desta protección, graduando a subida dos dereitos segundo a intensidade proteccionista que se queira asegurar. Esta foi a política escollida polos estados nacionais nacentes e por países menos desenvolvidos, e tivo a súa expresión no mercantilismo (ss XVI e XVII). Tratábase de gravar as entradas de produtos manufacturados e as saídas das materias primas.

Palabras veciñas

proteal | protease | protección | proteccionismo | proteccionista | protector -ra | protectorado