"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de relevante.
-
-
Que é importante e significativo.
-
Que posúe un valor diferencial no sistema lingüístico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cociente entre a forza magnetomotriz e o fluxo magnético producido por esta, nun circuíto magnético, é dicir Rm = Fm/Ö. A unidade de medida no SI é o ampere volta por weber (Av/Wb). Nun circuíto ferromagnético homoxéneo, de lonxitude l, de sección constante s e de permeabilidade ì, ten a expresión Rm = l/ìs. OBS: Tamén se denomina resistencia magnética.
-
-
olver nacer ou xurdir.
-
Seguir algo vivo ou presente.
-
-
-
Calidade de remanente.
-
Propiedade dos corpos ferromagnéticos de conservar unha certa indución despois de desaparecido o campo magnético.
-
-
-
Aplícase á parte que queda dunha cousa.
-
Aplícase ao magnetismo dos corpos que presentan remanencia.
-
Conxunto de beneficios dunha empresa que despois da distribución quedan pendentes de aplicación.
-
-
-
Ir máis lenta unha corrente de auga.
-
Quedar en remanso unha persoa ou unha situación.
-
-
-
Parte dun río onde a corrente de auga se fai moi lenta ou se detén.
-
Situación de sosego e tranquilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barqueiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barco’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Harmensz van Rijn.
-
PERSOEIRO
Bispo de Reims (459-533). Foi apóstolo dos francos e bautizou e confirmou ao seu rei, Clodoveo I en 496, do que despois foi conselleiro. Organizou a misión cristiá no país franco. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Rouen 772?) Bispo de Rouen, fillo de Carlos Martel. Combateu os abusos na súa diocese e reformou o canto litúrxico. A súa festividade celébrase o 19 de xaneiro.
-
GALICIA
Xurista, fillo de Manuel Remuñán García. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor de dereito internacional público e relacións internacionais na Universidade de Santiago de Compostela. Destacou o seu labor na conservación do patrimonio histórico da cidade compostelá. Membro do Seminario Estudos Galegos, da Asociación Española de Derecho Internacional e académico correspondente da Real Academia Galega, escribiu diversos estudos sobre dereito internacional e relacionados con Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla Castelao (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e crítico literario. Profesor de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela e fundador da primeira Sociedad Filarmónica Compostelana, participou en diversos parladoiros literarios, como o do Café Español. Influído polo modernismo e polas lecturas de Góngora, Lope de Vega, Garcilaso de la Vega e Quevedo, foi autor de numerosas poesías e artigos de crítica musical e teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. De nome Jean Pierre Angremy, o éxito chegoulle con Le sac du palais d’été (1971, Premio Renaudot), e especializouse nun tipo de narración brillante e chea de referencias culturais, que plasmou en Les nouvelles aventures du chevalier de la Barre (1978), Orient-Express 1 (1979), Orient-Express 2 (1984), Pandora (1980), Une ville inmortelle (1986, Premio de novela da Académie Française) e Qui trop embrasse (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, crítico das relixións e filósofo francés. De convicción positivista, profesou unha fe utópico-idealista na ciencia, como substituta da relixión, e no progreso da humanidade, froito da libre actuación dos individuos. Escribiu Essais de morale et de critique (1859), Histoire des Origines du Christianisme, en sete volumes (1863-1881), Dialogues et fragments philosophiques (1876) e L’avenir de la science (publicada en 1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Alemaña que comprende as terras sucadas polo curso medio do Rin. Habitada por pobos célticos e xermánicos, foi conquistada por César (57 a C) e parcialmente romanizada, e despois das migracións xermánicas dos ss III e IV establecéronse nela os francos e os alemáns. Formou parte do Reino de Austrasia, e Carlomagno fixou a capital do seu imperio en Aquisgrán. O feudalismo supuxo a constitución de numerosos principados. O Tratado de Xanten (1614) puxo as bases para a futura expansión de Prusia por terras renanas. O Rei Luís XIV de Francia tratou de situar no Rin o límite oriental do seu reino alternando a guerra coas anexións pacíficas de cidades de Alsacia e Lorena. O Congreso de Viena (1815) atribuíu a Prusia case toda a Renania alemá, que durante o s XIX tivo un extraordinario desenvolvemento industrial. A Guerra Franco-prusiana (1870-1871) deu Alsacia e o norleste de Lorena ao Segundo Reich, e a derrota deste durante a Primeira Guerra Mundial fixo que se restituíuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña que se estende desde a conca do Münster ao N ata a vertente setentrional do macizo xistoso Renano ao S, e desde o Weser ao L ata a fronteira belga-holandesa ao O (34.081 km2; 18.080.000 h [2003]). A súa capital é Düsseldorf. O eixo aglutinador que conforma todo o land é o val do Rin, arteria vital da rexión. É o land máis poboado de Alemaña e a súa poboación duplicouse desde comezos do s XX, grazas á inmigración atraída pola grande expansión industrial. A súa agricultura é moi importante e produce rendementos elevados. A extracción de ferro no s XIX creou unha siderurxia que, grazas á abundancia de carbón, deu lugar á maior concentración industrial europea, que tamén se viu favorecida pola presenza da vía navegable do Rin.