"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
ILLAS
Illa da costa atlántica, situada fronte á punta de Quilmás, no litoral da parroquia do Pindo (Carnota), ao N da illa Lobeira Chica e ao S da ría de Corcubión. É unha formación granítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte ou oficio de logógrafo.
-
-
Escritor de narracións histórico-míticas na Antiga Grecia.
-
Retórico que escribía os discursos, de acusación ou de defensa, que os cidadáns, de acordo coas leis, tiñan que pronunciar ante os tribunais gregos para resolver os seus preitos.
-
Aparato que se utiliza para rexistrar gráficamente a articulación da voz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enigma que consiste en adiviñar unha palabra a partir doutras, que á vez se adiviñan partindo do sentido do texto que se achega ou doutros datos, e que teñen letras ou sílabas comúns coa palabra que se pretende descubrir.
-
-
Chegar alguén a ter ou facer o que desexa.
-
Acadar algo ou seu total desenvolvemento.
-
-
-
Que ou quen presta cartos con usura.
-
Que ou quen se aproveita doutras persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lograr.
-
-
Relativo ou pertencente a Logroño ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Logroño.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio e capital de La Rioja, situado na ribeira dereita do Ebro, preto da confluencia co Iruega (133.058 h [2001]). É o centro máis activo de La Rioja, cunha destacada industria, especialmente alimentaria (elaboración de produtos agrícolas, conservas e viño). Atópase á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, polo que a cidade adquiriu relevancia a partir do s XI. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Bartolomé (ss XIII-XV), declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1866), a de Santa María del Palacio (BIC, 1943) e a catedral de Santa María de la Redonda (BIC, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cáceres, Extremadura, situado ao pé da serra de Guadalupe e regado polo río Ruecas, afluente do Guadiana (2.315 h [2001]). Os prados e devesas favoreceron o desenvolvemento da gandería lanar. Predomina a industria química. A zona arqueolóxica das ruínas de San Cristóbal foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Deuse a coñecer en Roma coa ópera Quinto Fabio (1738) e escribiu cantatas, arias e dúos. Dos Stabat Mater consérvanse a ópera Giuno Bruto (1748) e a ópera cómica Il governatore (1747).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en tres actos, con texto e música de R. Wagner, estreada e Weimar en 1850. Nela abunda o uso do leitmotiv.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Vilacampa (O Valadouro) e Santo André de Boimende (Viveiro). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo L da parroquia de Camba (Laza). O seu cumio acada os 1.369 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Coñecido como Jack London, destacou pola temática dos seus relatos, nos que fala da volta dun ser civilizado ao seu estado primitivo e da loita pola supervivencia. Escribiu The Son of the Wolf (1900), The Call of the Wild (1903), The People of the Abyss (1903), The Seawolf (1904), White Fang (1906), The Iron Heel (1907) e South Sea Tales (1911), ademais da autobiográfica Martin Eden.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Abordou o tema da revolución mexicana e destacou pola súa facilidade narrativa e a creación de personaxes. Publicou Campamento (1931), Tierra (1932) e Mi general (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista. Realizou numerosos estudios sobre fauna e contribuíu ao establecemento do coñecemento científico na Galicia da súa época. Mantivo contacto con moitos científicos notables da época, como Darwin, cos que colaborou dunha forma activa. Das súas obras destacan Fauna Mastológica de Galicia (1861-1863), Reseña de la historia natural de Galicia (1870), Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis, var Gadwii (Boulanger) e investigaciones herpetológicas de Galicia (1884), Bosquejo histórico de la botánica española (1897) e Nouvelle espece de batracien anoure des Iles Philippines (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Ligado á corte de Fernando III, alí debeu coñecer a Martin Soarez, na década de 1240, quen lle dedicou catro cantigas de escarnio. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmiten tres cantigas de amor e oito de amigo, unha delas é unha romaría e outra é unha composición dialogada e paralelística sobre motivos tópicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Dirixe o Proxecto Prosa Literaria Galega Medieval no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Especialista nas literaturas romances da Idade Media, as súas publicacións céntranse, sobre todo, nas líricas occitana e galego-portuguesa, na edición crítica de textos, na recepción da materia de Bretaña na Península Ibérica e no estudo comparado das diversas tradicións literarias medievais. Das súas obras destacan La canción de mujer en la lírica medieval (1990), A cantiga de amigo (1998), en coautoría con M. Brea, Livro de Tristán e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario (2001), en coordinación con J. A. Souto, e A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media (2001).
VER O DETALLE DO TERMO