Lopo, jogral
Lopo, jogral
Xograr galego. Ligado á corte de Fernando III, alí debeu coñecer a Martin Soarez, na década de 1240, quen lle dedicou catro cantigas de escarnio. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmiten tres cantigas de amor e oito de amigo, unha delas é unha romaría e outra é unha composición dialogada e paralelística sobre motivos tópicos.