"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Punto de reunión dos movementos do positivismo lóxico e da escola analista. Este movemento propugna a unidade da ciencia, a necesidade de comprobación das hipóteses e o desenvolvemento dunha estrutura lóxica, sobre todo da física e da matemática. Ademais das escolas de Berlín (Reinchenbach) e de Münster (Scholz) e dos independentes B. E. Moore e Popper, o núcleo máis destacado foi o Círculo de Viena, con representantes como Schlick, Carnap, Neurath, Feigl e Kraf, que   defenderon unha filosofía, o positivismo lóxico, como denuncia das pseudoproposicións metafísicas, e como unha análise das proposicións das ciencias positivas e das ciencias matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neopositivismo.

    2. Seguidor do neopositivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece comercialmente o policloropreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Protozoico con categoría de eratema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neoprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neópteros.

    2. Insecto do grupo dos neópteros.

    3. Grupo de insectos pterigotos que presentan, na parte basal das súas ás posteriores, un anaco membranoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico grego, fillo de Aquiles e de Deidamía, tamén coñecido como Pirro. Participou na Guerra de Troia e matou a Príamo. Tras a guerra, recibiu como escrava a Andrómaca, viúva de Héitor, á que mantivo como a súa concubina, casou con Hermíone, filla de Menelao e Helena, e fundou o reino de Epiro. Foi asasinado en Delfos por Orestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Epiro (373 a C-357 a C), fillo e sucesor de Alcetes I. Unha das súas fillas era Olimpia, nai de Alexandre o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Epiro, neto de Alexandre I de Grecia. Despois de que Eácides lle arrebatara o poder, á súa morte compartiu o reinado co sucesor, Pirro, quen o asasinou.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao período neopúnico.

      2. Período que corresponde á última época da civilización púnica ou cartaxinesa no Mediterráneo Occidental.

    1. Aplícase ao alfabeto púnico utilizado durante o período que cronoloxicamente corresponde aos ss II-I a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panorama visual dun edificio visto desde o seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neornites.

    2. Ave do grupo dos neornites.

    3. Grupo de aves que teñen menos de trece vértebras caudais libres e as do extremo xeralmente soldadas formado un pigóstilo. A cola, polo tanto, é reducida e presenta as plumas dispostas en abano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente artística que xurdiu a comezos da década de 1960 como reacción contra o expresionismo abstracto. O termo inclúe tanto as tendencias da figuración naturalista como o emprego de imaxes procedentes dos medios de comunicación e de ensamblaxes.

    2. Doutrina propugnada en 1912 por un grupo de filósofos norteamericanos reunido en torno a W. P. Montague, para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.

    3. Movemento cinematográfico italiano que xurdiu en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e o réxime fascista, e que durou, aproximadamene ata 1952. Esta corrente inaugurouse con Roma, città aperta (1945), de Roberto Rossellini, e adoptou un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, conseguidos coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares. O neorrealismo produciu obras como Paisà (1946), de Rossellini; Ladri di biciclete (1948) e Miracolo a Milano (1950), de De Sica; La terra trema (1948), de Visconti e Riso Amaro (1949), de De Santis. Ademais dos autores citados, inscríbense dentro do movemento neorrealista outros como Luigi Zampa, Alberto Lattuada, Pietro Germi, Renato Castellani, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini.

    4. Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación extremadamente analítica, introspectiva, crúa e dramática das convencións da vida burguesa e da vacuidade e a insatisfacción da existencia. Comprende a produción de escritores que practicaron unha narrativa apartada da lírica, resolta nos personaxes, os ambientes e as situacións (A. Moravia, F. Iovine ou C. Bernari), e tamén a dos que son esencialmente líricos e van na procura da creación de atmosferas suxestivas (E. Vittorini, C. Pavese, V. Pratolini, P. A. Quarantotti-Gambini ou R. Bilenchi).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neorrealismo.

    2. Seguidor do neorrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neorrománico.

    2. Corrente arquitectónica historicista, contemporánea do neogótico, aínda que de menor entidade, que tratou de recuperar as características do románico. Ao final do s XIX derivou na arquitectura bizantina. O promotor máis importante foi Paul Abadie, arquitecto da igrexa do Sacré-Coeur de Montmartre, en París. Tivo un gran predicamento en Alemaña, coa restauración da capela palatina de Aquisgrán e en Inglaterra coa catedral católica de Westminster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neoarsfenamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia en forma de pos brancos, inodoros, solubles en auga e menos solubles en alcohol, que se emprega en caso de íleo intestinal e para previr a atonía postoperatoria.

    2. Análogo sintético da fisostigmina. É un inhibidor do enzima colinesterase. Emprégase como colinérxico no tratamento da atonía abdominal e na miastenia grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de deformacións que afectan a un oróxeno xa formado e que consisten, basicamente, en fracturas verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade que teñen certos animais de reproducirse cando aínda non acabaron o proceso do seu desenvolvemento, é dicir, o seu aparato reprodutor é capaz de funcionar cando os outros órganos aínda se atopan nun estado larval.

    VER O DETALLE DO TERMO