Neoptólemo
Neoptólemo
[MIT]
Heroe mítico grego, fillo de Aquiles e de Deidamía, tamén coñecido como Pirro. Participou na Guerra de Troia e matou a Príamo. Tras a guerra, recibiu como escrava a Andrómaca, viúva de Héitor, á que mantivo como a súa concubina, casou con Hermíone, filla de Menelao e Helena, e fundou o reino de Epiro. Foi asasinado en Delfos por Orestes.