"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Relativo ou pertencente a Maquiavelo ou ao maquiavelismo.

    2. Partidario do maquiavelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. De nome Nicolò Machiavelli, foi chanceler da república florentina (1498), onde destacou pola súa actividade diplomática. Foi exiliado en 1512 ao regresar Florencia ao poder dos Medici. Desta época son as súas obras máis importantes: Il principe, o Discorsi sulla prima deca di Tito Livio e La mandragola, peza principal do teatro italiano. En 1519 volveu a Florencia, onde os Medici lle ofreceron cargos de pouca importancia, e publicou Arte della guerra (1521) e Storie fiorentine (1515). Restaurada a República de Florencia (1527), o novo goberno excluíuno da vida política. A súa obra sentou as bases da ciencia política e do estado moderno, tratou de crear un estado capaz de rexeitar ataques estranxeiros e afianzar a súa soberanía, e defendeu que a política é a arte de conseguir e conservar o poder. Considerou a acción política con criterios netamente científicos. A realidade humana, desde o nivel psicolóxico ata o político,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido galego que se asentou en Tui, Ferrol e A Coruña.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha torre de ouro sumada dunha aguia de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Desenvolveu a maioría da súa obra en Lugo, cidade na que introduciu o movemento modernista así como o concepto de casa xardín coa construción de vivendas unifamiliares. Destaca o edificio de vivendas na praza de España, o Instituto Xoán Montes (1935-1936), de estilo racionalista, e o Mercado Municipal. O seu racionalismo tamén quedou patente en Ourense no edificio Constantino Bouzo (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen moe e cobra a maquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a maquillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicar a alguén na face produtos cosméticos coa finalidade de embelecelo ou caracterizalo.

    2. Aplicarse na face produtos cosméticos para parecer máis belo ou para caracterizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de maquillar ou maquillarse.

    2. Conxunto de produtos cosméticos que se utilizan para maquillar ou maquillarse.

    3. Técnica que ten por obxecto modificar o aspecto da face para transformala ou embelecela. É utilizada no teatro e no cine para a caracterización dos actores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘rúa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto, máis ou menos complexo, de pezas sólidas ou aparatos que serve para transformar un tipo de enerxía en traballo ou noutro tipo de enerxía, ou ben para aproveitar a acción dunha forza para producir certos efectos. Clasifícanse en máquinas motrices, que transforman en enerxía mecánica a enerxía que se lles proporciona, e máquinas operativas, que actúan sobre a materia modificándoa en forma ou dimensións. Segundo as súas aplicacións, pódense clasificar en máquinas agrícolas, máquinas ferramentas ou máquinas calculadoras, entre outras. Segundo a forma como se lle proporcione enerxía ou a forma de enerxía producida, diferéncianse as máquinas eléctricas das máquinas de fluído, que poden ser pneumáticas, hidráulicas ou térmicas.

      2. máquina agrícola AGR

        Máquina movida por medio de enerxía mecánica que se emprega para facer as tarefas agrícolas, en substitución do traballo manual. Clasifícanse segundo o tipo de faena que realicen: traballar o solo (aradora ou escarificadora), sementar (sementadora), recolección (recolledora), entre outras.

      3. máquina automática /CIBER

        Máquina que funciona segundo os principios da automática, de maneira que fai corresponder unha certa magnitude de saída a unha de entrada. A maioría destas máquinas son destinadas a efectuar un traballo determinado, e poden ser pasivas ou activas, segundo que a enerxía de saída sexa inferior ou superior, respectivamente, á de entrada.

      4. máquina de vapor

        Máquina térmica que obtén a enerxía motriz polo vapor de auga producido nunha caldeira. As primeiras máquinas de vapor descritas -Giovanni Battista della Porta (1601), E. Sommerset (1663)- non conseguiron aplicacións prácticas. En 1690 D. Papin propuxo a obtención de traballo a partir do baleiro producido pola condensación de vapor no interior dun cilindro provisto dun émbolo; pero foi T. Savery quen construíu, en 1698, a primeira máquina de vapor, aplicada ao bombeo de auga nas minas; o seu uso estendeuse tamén á subministración de auga das poboacións e á tracción de rodas hidráulicas. En 1705 T. Newcomen, seguindo o proxecto de D. Papin, construíu unha máquina de vapor na que o eixe, xunto co émbolo, accionaba unha bomba de auga por medio dunha balanza cun contrapeso. A mediados do s XVIII James Watt introduciu o uso do condensador independente e o mantemento da temperatura do cilindro por medio dunha camisa de vapor. Coas modificacións introducidas, patentadas en 1769, conseguíase un...

      1. Prensa de impresión.

      2. máquina plana

        Prensa de impresión plano-cilíndrica.

    1. Nome xenérico de diferentes aparellos empregados en oficios diversos.

    2. ehículo que funciona cun motor, especialmente referido á locomotora ou ao coche.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre as de Compás, Hidra femia, Centauro e Vela. É pouco extensa e foi descrita por primeira vez por Lacaille (1760). Contén 42 estrelas visibles, das que a máis brillante é  Antliae, situada a 325 anos luz, e de magnitude aparente 4,42.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de maquinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen maquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao movemento dunha máquina.

    2. Que se fai sen a intervención da vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planear algo en secreto e con artificios, xeralmente en prexuízo de alguén.

    2. Conspirar contra algo ou alguén.

    3. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘andar (dun sitio para outro coa tarazana ou roda de afiar)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de pezas que compoñen unha máquina.

    2. Conxunto de máquinas que serven para un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Introdución xeneralizada, progresiva e a grande escala, das máquinas no proceso de produción. A Revolución Industrial significou un cambio moi forte das formas de produción de bens, pois introduciu o uso xeneralizado de artefactos mecánicos que conseguiron aforrar man de obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai funcionar e goberna unha máquina motora.

    2. Operador gráfico que ten ao seu cargo unha máquina de impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘camiño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘canellón’.

    VER O DETALLE DO TERMO