"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. De orixe románica, conserva unha portada coa imaxe de san Xián no centro sobre un arco de medio punto decorado con arquivoltas e asentado sobre columnas con capiteis decorados con motivos florais. A parte superior decórase con ornamentos en bóla que rodean o triplo campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Foi prior e arquiveiro cara a 1721 no mosteiro de San Xián de Samos, onde tamén foi abade (1733-1737). Atribúeselle Relación sucinta de los sucesos principales del Real Monasterio de San Julián de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde no convento da Peña de Francia e foi colexial por Lugo no colexio de San Gregorio de Valladolid, onde foi lector de Artes e Filosofía. Foi mestre de teoloxía en Piedrahita, Trianos, Toro e Ávila. Presentado en Teoloxía en 1615 e mestre en 1623 foi prior dos conventos de Peña de Francia, Oviedo, Ocaña, Toro e Atocha e reitor de San Gregorio de Valladolid (1631)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de historia e os retratos e foi discípulo de F. Bayeu en París. Foi pintor de Carlos IV (1811) e de Fernando VII (1816), quen lle encargou a decoración de Aranjuez e de El Pardo. O seu fillo, Carlos Luis Ribera (Roma 1815-Madrid 1891) foi discípulo seu e de Hippolyte Delaroche e pintou na corte de Isabel II (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. Considerado o iniciador da psicoloxía positivista e experimental francesa, centrouse no estudo da psicoloxía patolóxica. Das súas obras destacan Les maladies de la mémoire (1881), Les maladies de la volonté (1883), Les maladies de la personnalité (1885) e Essais sur la passion (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Andlau 894?) Emperatriz. Casou con Carlos III o Gordo e, repudiada, retirouse ao mosteiro de Andlau que ela mesma fundara, onde foi abadesa. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e místico escolástico. Sucedeu a Hugo de San Vítor na abadía de Saint-Victor de París. Os seus seis libros De Trinitate ocupan un lugar excepcional na historia da especulación trinitaria. Elaborou minuciosamente tres argumentos a posteriori da existencia de Deus (o da temporalidade, o dos graos de perfección e o da posibilidade), moi apreciados pola escolástica posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Normandie 932? - Fécamp 996) Duque de Normandie (942-996), fillo de Guillerme I de Normandie Longa Espada. Apoiou aos Capetos e enfrontouse con Luís IV de Francia ao que derrotou coa axuda do Rei Harald II de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex. Renunciou ao trono e comezou unha peregrinación cos seus fillos a Roma e Terra Santa. A súa festividade celébrase o 7 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso inglés. Bispo de Chichester (1245), defendeu os dereitos da Igrexa fronte ás tentativas reais. A súa festividade celébrase o 3 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Membro dun equipo da revista Tel Quel, foi un dos continuadores do nouveau roman, que reflectiu en novelas experimentais como L’observatoire de Cannes (1961) e La prise de Constantinople (1965). Tamén escribiu os ensaios Problèmes du nouveau roman (1967), Nouveaux problèmes du roman (1978) ou Le théâtre des métamorphoses (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Relacionado con todos os grandes científicos europeos contemporáneos seus, publicou obras de filosofía, de ecuacións diferenciais, de física e traballou en hidráulica para a cidade de Venecia. Estudou e resolveu un tipo de ecuación diferencial coñecida co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Os seus traballos máis importantes pertencen á crítica temática, con análises das estruturas internas da obra. Destacan Littérature et sensation (1954), Poésie et profondeur (1955) e Pages paysages (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ethel Florence Lindesay Richardson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e teórico da arte. Destacou como retratista (Alexander Pope) e polos estudos Essay on the Theory of Painting (1715) ou The Science of a Connoisseur (1719).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Estudou a emisión electrónica dos metais incandescentes, analizada tamén por Saul Dushman, e estableceu a lei de Richardson-Dushman. Investigou o efecto fotoeléctrico e o espectro molecular do hidróxeno. Recibiu o Premio Nobel de Física (1928) polos seus estudos sobre o efecto termoiónico e pola lei de Richardson-Dushman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Traballou na Cornell University de Ithaca (Nova York). Recibiu o Premio Nobel de Física (1996), compartido con D. Lee e D. Osheroff, polo descubrimento da superfluidez do helio-3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que expresa a variación da densidade de corrente de saturación J, producida nun cátodo termoelectrónico metálico, en función da súa temperatura absoluta T. Esta relación vén dada por J = AT2 e-b/T, sendo A e b unhas constantes propias de cada metal.

    VER O DETALLE DO TERMO