Richardson, Owen Willans
Richardson, Owen Willans
Físico inglés. Estudou a emisión electrónica dos metais incandescentes, analizada tamén por Saul Dushman, e estableceu a lei de Richardson-Dushman. Investigou o efecto fotoeléctrico e o espectro molecular do hidróxeno. Recibiu o Premio Nobel de Física (1928) polos seus estudos sobre o efecto termoiónico e pola lei de Richardson-Dushman.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dewsbury, West Yorkshire -
Deceso
Lugar : Alton, Hampshire