"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Mondoñedo. Relacionado con esta caste está o apelido Cabouqueiro. As súas armas levan, sobre campo de azul, un bloque de pedra cun cabouco.
-
-
Relativo ou pertencente a Cabo Verde ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cabo Verde.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castiñeiro vello que ten o tronco oco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano do aparello dixestivo, situado entre o esófago e o intestino, onde se transforman os alimentos despois de inxerilos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Troita de pequeno tamaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pipa (para fumar)’.
-
PERSOEIRO
Pintor impresionista e coleccionista. Discípulo de Léon Bonnat, nos seus cadros representou temas contemporáneos, vistas urbanas e a vida obreira. É mais coñecido como coleccionista das obras doutros impresionistas, que legou ao estado francés. Na súa produción destacan, Les rabouteurs de parquet (Os colocadores de parqué, 1875), e entre as vistas urbanas, París, día lluvioso (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Habitáculo escuro e situado xeralmente nun lugar profundo.
-
-
Cuarto destinado a encerrar a persoas detidas, situado en cuarteis, xulgados, comisarías e prisións.
-
Cela incomunicada onde se encerra a unha persoa detida.
-
-
-
PERSOEIRO
Médico. Catedrático de botánica e cirurxía en Montpellier, cara ao 1568 volveu a València como catedrático de cirurxía. É autor de Cirugía universal y particular del cuerpo humano (1580), publicada conxuntamente cun tratado de anatomía e outro sobre a sífilis, e da edición corrixida da Chirugia (Cirurxía), de Guiu de Caulhac.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cabazo para o viño’.
-
-
Moble rústico, de gran peso e de dimensións desmesuradas.
-
-
Obxecto de dimensións desproporcionadas.
-
Animal de gran tamaño e de aspecto desagradable.
-
-
Máscara que se emprega para protexer a cara das picaduras das abellas, cando se castran as colmeas.
-
-
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro inglés. Estudiou os fenómenos termodinámicos relacionados cos enxeños de vapor de auga. Introduciu o termómetro de resistencia de platino, máis exacto ca os anteriores, e propuxo unha ecuación de estado coñecida como ecuación de Callendar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante, pintor e teórico da arte. Contrario ao vangardismo e ao realismo social, o seu modelo foron Ingres e os clásicos. En L’art i la revolució social (A arte e a revolución social, 1936) propugnou un realismo afastado de todo compromiso. En 1939 exiliouse a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ara longa cun gancho no extremo utilizada como axuda para rubir ás árbores ou para achegar as súas pólas e coller a froita.
-
Peza de ferro na que se penduran do teito os touciños do porco.
-
Peza de madeira ou doutro material atravesada na cambota para pendurar a gramalleira
-
Conxunto de cousas ensartadas nunha vara ou similar, especialmente as sardiñas para curalas.
-
-
PERSOEIRO
Político, avogado e financeiro catalán. Licenciouse en Filosofía e Letras (1896) e en Dereito (1897) en Barcelona. Fundou e dirixiu a Lliga Regionalista ata a súa desaparición (1936). Foi elixido deputado e, aínda que saíu derrotado nas eleccións posteriores á Semana Tráxica (1910), resultou reelixido en 1914 e nomeado ministro de Fomento en 1818, no goberno presidido por Maura. O seu prestixio decaeu por non acadar a aprobación do Estatut d’Autonomia. En 1923 retirouse da vida política e, unha vez instaurada a Ditadura, seguiu colaborando con La veu de Catalunya e publicou diversas obras. Cando caeu a Ditadura intentou soster a monarquía coa creación de Centro Constitucional, pero a proclamación da Segunda República fixo fracasar ese intento e trasladouse ao estranxeiro. Despois da transformación da Lliga Regionalista en Lliga Catalana (1933) continuou sendo un dos máximos dirixentes. O alzamento militar de 1936 sorprendeuno no estranxeiro e, aínda que se declaraba antifascista...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza do carro do país, en forma de uve e con gallos un pouco curvos, que se coloca no final do cabezallo, contra as chedas, para suxeitar, estreitar ou aumentar a capacidade da canga.
-
Peza de madeira que une a grade ou a sachadora ao xugo, ou dúas xuntas ao mesmo carro.
-
-
Angazo grande con pugas de ferro ou madeira empregado para recoller algas e outros usos.
-
Ferramenta con catro pugas de ferro que saen dun traveseiro utilizada para estender esterco.
-
-
Mango de madeira que poñía en movemento os muíños de man.
-
Aparello utilizado para sacar auga dos pozos.
-
Temón do arado.
-
Ferro cilíndrico que se mete no burato do remo dunha dorna e que vai cravado no seu fondo.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático francés, descendente de Pierre Joseph Cambon. Gobernador xeral de Alxeria (1891) e embaixador de Francia en Washington (1897), Madrid (1902-1907) e Berlín (1907-1914). Co seu irmán Pierre Paul Cambon (París 1843 - 1924), tamén embaixador, preparou a alianza británica en caso de guerra con Alemaña (1912). Foi un dos signatarios do Tratado de Versailles (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Membro da Asemblea Lexislativa, da Convención e do primeiro Comité de Salvación Pública (1793), estableceu o Grand Livre de la Dette Publique. Provocou a primeira votación contraria a Robespierre, pero acusárono de malversación e excluírono do Comité. Foi membro da cámara napoleónica dos Cen Días e acabou exiliado en Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reforzo que se coloca nos laterais do carro.