"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Derrotou a Catilina preto de Fiesole e combateu a Xulio César en Hispania, como legado de Pompeio (54-49 a C), pero foi derrotado. Ao morrer Pompeio organizou a resistencia en África e venceu a César na Batalla de Ruspina (46 a C). Pouco despois foi derrotado en Tapso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos fascolártidos, ao que pertence o coala.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Evolucionou desde unha etapa de neoclasicismo academicista ata as correntes vienesas. A partir de Albergo Ambasciatori, volveu ao clasicismo chamado romano antigo, e con Benito Mussolini converteuse en arquitecto oficial do réxime e en máximo representante da arquitectura fascista. Dirixiu a construción da Cidade Universitaria de Roma e construíu o pavillón italiano da Exposición Universal de París 1937.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista irlandés. Foi profesor de castelán en Liverpool (1939-1940), no Trinity College de Dublín (1940-1945) e en Sheffield (1953-1980). Especialista na literatura dos ss XV-XVII na Península Ibérica, é autor de The Heroic Poem of the Spanish Golden Age (1947), da edición crítica de Luis de Camões: Os Lusíadas (1973), dos estudos críticos sobre Amadís de Gaula (1976), da biografía de Alonso de Ercilla y Zúñiga (1984) e do estudo Narrativa española de los siglos XVI y XVII (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista estadounidense. De ideoloxía democrática e antiabolicionista, loitou co grao de xeneral na Guerra Mexicano-estadounidense e foi presidente de EE UU (1852-1856). Exerceu presión sobre Reino Unido para que abandonase os seus intereses na costa central americana e tentou negociar con España a venda de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perforación dunha parte do corpo para pendurar ou adornar con determinadas pezas metálicas.
-
PERSOEIRO
Musicólogo e editor musical. Publicou estudos sobre o violín, como Les violinistes (1922), e biografías, como Vivaldi et la musique instrumentale (1948), obra onde estableceu unha catalogación da obra vivaldiana que tivo moita difusión en Francia; e Corelli: His Life, His Work (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico. Formado na facultade de Belas Artes da Universidad de La Plata, en 1980 asociouse con Luis Puenzo para crear a produtora Cinemanía, unha das máis destacadas de cine publicitario en Hispanoamérica. Produtor de La historia oficial (1984), de Luis Puenzo, que obtivo o Oscar á mellor película en lingua non inglesa, dirixiu Plata quemada (2000, Goya á mellor película hispanoamericana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dolmen situado en San Martiño de Meanos (Zas). Consta dunha planta poligonal formada por cinco ortóstatos e corredor curto orientado ao L. Ambos os dous espazos presentan cuberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mellor marca obtida por un deportista.
-
PERSOEIRO
Historiador grego. Viaxou por todo o Imperio, pero a maior parte da súa vida transcorreu na súa cidade natal. A súa casa foi lugar de reunión dun círculo de amigos interesados por diversas cuestións, especialmente pola filosofía. Esta variedade de intereses reflíctese no conxunto dos seus escritos coñecidos como Moralia, onde hai diatribas de xénero retórico e outras que pretenden unha discusión filosófica máis seria, como as que analizan a doutrina platónica da alma ou polemizan con estoicos e epicúreos. Á súa preocupación relixiosa pertencen os diálogos referentes aos oráculos e o escrito Sobre Isis e Osiris. O Banquete dos setes sabios e os Libros simposíacos reúnen os temas que máis lle interesaban. Escribiu Vidas Paralelas, das que se conservan vinte e dúas, onde se equiparan un grego e un romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da familia dos lacértidos con individuos de tamaño medio e coloración variable, entre parda e verdosa, con manchas de diferentes cores segundo as especies. Na Península Ibérica están presentes a lagarta galega e a dos penedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario creado pola escritora británica Agatha Christie. Protagonista dun grupo de 32 novelas, das que a primeira foi The Mysterious Affair at Styles (1920), trátase dun detective belga instalado en Inglaterra. Cun método dedutivo semellante ao empregado por Sherlock Holmes, Poirot reúne a todos os personaxes participantes ao final da novela para, a través dun monólogo, esclarecer os feitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos nove arcontes que gobernaron Atenas na Antigüidade. Este cargo foi instituído cando, coa caída da monarquía, as atribucións militares do rei pasaron a un maxistrado. A partir do s IV a C só tivo atribucións administrativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
obesidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marco Polo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, é autor dunha obra intelectual e irónica. Escribiu poesía, experimental e antivangardista, que plasmou en Protocolos (1973), e narrativa, marcada polo realismo subxectivo, como El heroe de las mansardas de Mansard (1983, Premio Heralde), El metro de platino iridiado (1990, Premio de la Crítica), Donde las mujeres (1997, Premio Nacional de Narrativa), El cielo raso (2001, I Premio Fundación Lara), en que trata o tema da homosexualidade e o cristianismo; Alrededores (2002) e Una ventana al norte (2004), en que procura a realidade a partir do gusto pola irrealidade. É membro da Real Academia Española (2002).
VER O DETALLE DO TERMO