Plutarco
Historiador grego. Viaxou por todo o Imperio, pero a maior parte da súa vida transcorreu na súa cidade natal. A súa casa foi lugar de reunión dun círculo de amigos interesados por diversas cuestións, especialmente pola filosofía. Esta variedade de intereses reflíctese no conxunto dos seus escritos coñecidos como Moralia, onde hai diatribas de xénero retórico e outras que pretenden unha discusión filosófica máis seria, como as que analizan a doutrina platónica da alma ou polemizan con estoicos e epicúreos. Á súa preocupación relixiosa pertencen os diálogos referentes aos oráculos e o escrito Sobre Isis e Osiris. O Banquete dos setes sabios e os Libros simposíacos reúnen os temas que máis lle interesaban. Escribiu Vidas Paralelas, das que se conservan vinte e dúas, onde se equiparan un grego e un romano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Queronea, Beocia