"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Xénero de peixes óseos, da familia dos clupeidos, ao que pertence a alacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Moctezuma e duque de Atrisco, coa grandeza de España. Foi vicerrei de Nueva España, membro do Consello Real e presidente do Consello de Indias. En 1702 participou na Batalla de Rande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción sobre o río Sarria ao seu paso por Vilar de Sarria (Sarria) que cobre o camiño entre Becerreá e Vendas de Narón. Feita en cantaría, presenta seis arcos de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de Milán, obra de Giuseppe Piermarini, construído en 1778, tras o incendio do Teatro Ducale de 1776, no lugar da antiga igrexa de Santa Maria alla Scala (s XIV), de onde deriva o seu nome. Inaugurado con Europa riconosciuta, de Salieri, converteuse deseguida no teatro de ópera máis importante de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade romana de Lusitania, correspondente á actual Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das liliáceas, con inflorescencias en acio de flores estreladas e xeneralmente azuladas e froito en cápsula. Moitas das súas especies son de interese en xardinaría. En Galicia están presentes as especies S. verna, S. monophyllos e S. autumnalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Atlántico formado por unhas 150 illas e arrecifes, distante 40 km do extremo suroccidental de Cornualla (Reino Unido), á entrada do canal da Mancha (15 km2; 2.153 h [2001]). Só están habitadas cinco illas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das lamiáceas, con follas simples, opostas e dentadas, e con flores bilabiadas, azuis, violáceas ou rosadas, en parellas en axilas de follas ou en acios terminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do muíño, de madeira ou ferro, colocada no extremo do eixe do rodicio e encaixada no centro da moa para facer que xire uniformemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘perseguir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrofa que presenta dous tipos fundamentais: un formado por catro versos heptasílabos e pentasílabos alternados, con esquema 7a 5b 7c 5b; e o outro, de sete versos, que engade tres aos anteriores e que riman segundo o esquema 5d 7e 5d.

    2. Canción popular española de carácter alegre e vivo que se acompaña de guitarra e castañolas ou baile que corresponde a este canto, variante máis rápida ca o bolero, escrita en compás ternario 3/4 e 3/8. Iníciase cun preludio instrumental e un interludio chamado falsete que separa as diferentes estrofas. As máis características son as orixinarias de Castela-A Mancha, Murcia, Sevilla e València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Crítico e ensaísta, foi director de fotografía no California Institute of the Arts (1991). Interesado na capacidade narrativa e no elemento teatral do documental como xénero fotográfico, a súa técnica evolucionou desde a performance ata as reportaxes cunha forte carga de denuncia. Os seus proxectos centráronse en feitos puntuais que dotou dun sentido global, como as series sobre as manifestacións antiglobalización de Seattle (1999) ou tras o afundimento do Prestige nas costas galegas (2001). Publicou Fish Story (1990) e Loaves and Fishes (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos, da familia das selaxineláceas, con talos prostrados ou erectos, con follas simples, pequenas, ordenadas en espiral, e con esporanxios situados no estróbilos terminais. Na Península Ibérica están presentes especies como S. denticulata, na rexión mediterránea, e S. selaginoides nos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de madeira reforzado por aros de metal e coa base máis ancha ca a boca que se emprega para transportar auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica, que nace no porto de Pontón (León), rega a depresión leonesa de Sajambre e desemboca no Mar Cantábrico en Ribadesella, Asturias. Desde 1930 celébrase anualmente o Descenso Internacional del Sella desde Arriondas a Ribadesella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corvo mariño grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de teatro estadounidense. Estudou en Harvard e foi director artístico da Boston Shakespeare Company, do American National Theater, do Kennedy Center de Washington e do Festival of Los Angeles. Dirixiu filmes para televisión como The Cabinet of Dr. Ramirez (1991) e Theodora (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO