Segura Torrella, Ricardo
Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de Mela (1978) e Cara a Fisterra (1978). Recibiu, entre outros galardóns, a medalla de bronce en debuxo na Exposición Trienal de Santiago (1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso