"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Profesor de composición no Conservatorio de París (1947-1966), a súa obra caracterízase pola innovación das súas pezas. Compuxo diversas sinfonías, concertos e música de cámara, e destaca a comedia musical Vénitienne (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de obras. Traballou no claustro grande da cartuxa de Pavia. En Venecia foi mestre maior do Palazzo Ducale e realizou as estatuas de Adarno e Eva para o arco Foscari (1485) e fixo a Scala dei Giganti (1491).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor, empresario e produtor cinematográfico. En 1929 fundou en Milán a editorial Rizzoli e introduciu en Italia as revistas ilustradas como Oggi ou L’Europeo. A partir de 1934 dedicouse á produción cinematográfica e á promoción turística da illa de Ischia, en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo estadounidense. Estudou na Harvard University e investigou o tifo, a hepatite e a febre Q causada pola rickettsial Coxiella burneti. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1954), xunto con J. F. Enders e T. H. Weller, polo descubrimento de novas técnicas de cultivos de virus que facilitaron a obtención de vacinas, especialmente contra a poliomielite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Fundador da orde do Císter, foi prior de varios mosteiros beneditinos e fundou o mosteiro de Molesmes (1075), de onde saíu a reforma do Císter. Iconograficamente representouse vestido co hábito negro dos beneditinos, cun báculo (abade) nunha man e unha maqueta da igrexa (reformador) na outra, coa mitra no chan (renuncia ao bispado) e cun anel, que ao parecer recibiu da Virxe (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 29 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Frisia 1031?- Kassel 13.10.1092) Conde de Flandres (1071-1092) e de Holanda (1063-1071), fillo do conde Balduíno V. Sucedeu ao seu sobriño, o conde Arnulfo III. Enconmendáronlle a tutela do conde Arnulfo III de Flandres, fillo do seu irmán, o conde Balduíno VI, e apropiouse do condado coa axuda das cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (922-923), fillo de Roberto IV o Forte. Ao morrer o seu irmán, o Rei Odón I de Francia (898), sucedeuno nos condados de París e de Anjou e no ducado de Francia. Foi elixido rei en Reims por unha facción da nobreza e morreu loitando contra o monarca lexítimo, Carlos III de Francia, na Batalla de Soissons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Flandres (1093-1111), fillo e sucesor de Roberto I. Participou na Primeira Cruzada e, ao seu regreso a Europa, enfrontouse co Emperador Enrique IV. Aliado con Luís IV de Francia, loitou contra Inglaterra e morreu afogado no asedio de Meaux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (996-1031), fillo e sucesor de Hugo I de Francia. Fomentou a tregua de Deus, enfrontouse coa nobreza feudal e recuperou os condados de Dreux (1015) e Melun (1016) e o ducado de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña entre 1811 e 1812. Trátase dunha reimpresión da mesma publicación editada na Isla de León, que se caracterizaba polo seu estilo liberal e revolucionario. Editada polos impresores Cándido Pérez e Antonio Rodríguez, e logo nos obradoiros de El Exacto, sucesivamente, atacou todos os abusos administrativos, políticos e militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británica. De nome Joan Violet Maurice, vinculouse a Cambridge School e foi un membro destacado da escola postkeynesiana. Destacan The Economics of Imperfect Competition (1933), onde construíu a teoría da competencia imperfecta, e The Accumulation of Capital (1956), onde estudou os problemas da acumulación e o crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un robinson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e médico. A súa evolución artística divídese en tres etapas: a primeira autodidacta; a segunda, académica, coa asistencia a talleres de pintura con A. Castro Couso e F. Artal en Vigo; e a terceira, a universitaria, na que se licenciou en Belas Artes de Pontevedra nas especialidades de pintura (1995) e escultura (1998). Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa de Pintura do Concello de Valdeorras (1993) e o Primeiro Premio do Concurso Centeanario do Colexio Médico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Exerceu diversos cargos no departamento de cultura do seu país e fundou as publicacións Novedades, La Flecha e El Imparcial. A súa prosa é esencialmente descritiva, e dela destacan Sangre en el trópico (1930) e Brújulas fijas (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín robustianus, derivado de robustus ‘forte coma o carballo’. Presenta o hipocorístico Robusto. A súa festividade celébrase o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO