"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Abade do mosteiro de San Salvador de Samos, recibiu importantes privilexios do Rei Fernando II. Nomeado bispo de Lugo (1182-1218), tivo que enfrontarse á resistencia dos fregueses e dos propios monxes do mosteiro de Samos a recoñecer o señorío bispal, único recoñecido na cidade de Lugo. Para reducir as tensións, asinou un pacto de concordia cos representantes da cidade, paz que sancionou o rei en 1199.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e mártir. Foi perseguido durante o emirato de ‘Abd al-Ra ḥ mān II de Córdoba e morreu degolado. Iconograficamente, represéntase coa casula sacerdotal e coa palma do martirio. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico portugués. Coñecido como Amatus Lusitanus, estudou en Salamanca, Portugal, Flandres (1534), Italia (1541) e Salónica (1556). A súa obra máis importante é Centurias médicas (Florencia, 1551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Profesor nas universidades de Montpellier, Aix e París (1949-1955) e catedrático na Universidade de Lisboa, a súa abundante obra denuncia a degradación e a explotación do home, cunha clara conciencia política. O libro de contos As pombas são vermelhas (1977) recolle a súa experiencia durante os anos da revolución. Da súa obra tamén destacan o libro de viaxes Santiago de Compostela (1949), o ensaio A saudade na poesia portuguesa (1968) e a novela A impossível evasão (1972). Pertence á Academia de Ciências de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista. Catedrático emérito de Filoloxía Grega da Universidad Complutense de Madrid, especializouse en lingüística e cultura clásica. Presidiu a Sociedad Española de Estudios Clásicos e a Sociedad Española de Lingüística e dirixiu as revistas Emérita e Revista Española de Lingüística y Estudios Clásicos. Fundou e codirixiu o Dicionario griego-español do CSIC, con cinco volumes publicados, e dirixe a Colección Alma Mater de Autores Griegos y Latinos. Publicou obras sobre literatura e filoloxía grega antiga, lingüística indoeuropea e lingüística. Entre elas destacan Ilustración y política en la Grecia clásica (1965), Estudios de lingüística general (1969), Lingüística estrutural (1969), Fiesta, comedia y tragedia. Sobre los orígenes griegos del teatro (1972), Lingüística indoeuropea (1975), El mundo de la lírica griega antigua (1981), El concepto del hombre en la antigua Grecia (1986), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e empresario. Coñecido como Manolo e O Gran Capitán, foi o xogador que máis veces vestiu a camiseta do Real Club Celta de Vigo (1965-1981). Internacional coa Selección Española Sub 21, Sub 23 e Olímpica, foi subcampión de España de Fútbol (1964-1965) e subcampión coa Selección Galega (1965-1966). Tras a súa retirada como xogador, foi secretario técnico do Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Alejandro Casona, foi o máximo representante dun teatro poético e de evasión, antihistórico e fantástico. Escribiu La sirena varada (1934, Premio Lope de Vega) e Nuestra Natacha (1935). En México estreou Prohibido suicidarse en primavera (1937) e en Arxentina La dama del alba (1944), considerada unha das súas obras máis destacadas; La barca sin pescador (1945) e Los árboles mueren de pie (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ribadeo 5.10.1950) Escritor e historiador. Licenciado en Historia Moderna e Contemporánea, colaborou en Cuadernos de Educación. Foi autor de Ingenieros militares en el siglo XVIII (1985), en colaboración; O rei dos ameneiros (1987), en que narra a situación social da Galicia rural de principios do s XX; Tierra de oro: la América española en la edad moderna (1989), Dous fados (1995) e Días de pedra (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Con-xo, Santiago de Compostela 20.4.1901 - Saint Georges de Dreux, Normandie 29.10.1995) Escultor. Coñecido como Bonome, formouse na tradición imaxineira santiaguesa. Nesta época realizou obras de carácter populista e primitivista como Aldeán ou A volta da feira. Realizou outras de estilo máis expresionista, como A vella do violín. En 1924 trasladouse a Madrid, onde obtivo certa relevancia grazas á súa técnica de talla directa e policromada sobre madeira, de carácter expresionista (Virgen del Rosario, 1923). Continuou a realizar obras encadradas no primitivismo (Recordo, 1924-1925; O meigallo, 1925) xunto con outras máis intimistas (Maternidade, 1926; Duquesiña, 1926-1927) e retratos (Portela Valladares, 1925; Antonio Palacios, Ofelia Nieto). En 1929 instalouse en París, onde dulcificou o seu estilo, apostando por un refinamento técnico e temático. Destacan A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Coñecido como Máximo Sar, foi cofundador da Ruta Fluvial Jacobea e do Pedrón de Ouro, coordinador do Padroado Rosalía de Castro, creador da Romería Vikinga en Catoira (1969) e membro do Ateneo del Ullán. Foi xuíz de distrito, de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa, e maxistrado en Ciudad Real e Pontevedra. Colaborou nos xornais La Noche, Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Doutor en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, realizou un herbario da zona de Tui, colaborou en El Eco de Tui, e escribiu Tratado de Química analítica (1858), Nociones de Historia Natural e Descripción de las principales sustancias tóxicas del reino mineral y medios analíticos para descubrirlas en los casos químicos legales. Foi cabaleiro da Orden de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Emigrou a Cuba, onde foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega. Foi académico numerario da Real Academia Galega desde 1946. Escribiu numerosos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, entre os que destacan “Escritores ascéticos y místicos de Galicia” (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1908 en Madrid. Catedrático de Anatomía da Universidad de Sevilla (1916), acadou a mesma cátedra en Santiago de Compostela, onde foi reitor en 1930 e onde fundou o Instituto de Estudios Portugueses, a Residencia de Estudiantes e o Instituto de Estudios Regionales. O seu pensamento relacionábase co da Insitución Libre de Enseñanza. Foi concelleiro en Santiago de Compostela a comezos da década de 1920 polos liberais e despois pasou ao republicanismo de esquerdas. Foi deputado nas Cortes pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano (1933). Foi membro da Sociedade das Ciências Medicas de Lisboa, do Instituto de Coimbra, da Societé Anatomique de París e da Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña. Publicou artigos en revistas nacionais e estranxeiras, como Galicia Médica ou Archives d’Anatomie d’Histologie et d’Embriologie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, avogado e economista, conde de Campomanes. Foi ministro do Consello de Facenda e fiscal do Consello de Castela (1762). Xunto con Floridablanca promoveu o reformismo ilustrado nos últimos anos do reinado de Carlos III. Colaborou co conde de Aranda na expulsión dos xesuítas (1766-1767). Foi o máximo representante do regalismo de Carlos III, que defendeu en Tratado de la regalía de amortización (1765). Ademais, propugnou unha reforma agraria, reflectida en Memoriales ajustados de 1771 e 1784, promoveu a creación das sociedades económicas de amigos do país e definiu os obxectivos destas en Discurso sobre el fomento de la industria popular (1774) e en Discurso sobre la educación popular de los artesanos y su fomento (1775). En 1783 foi nomeado conselleiro de Castela e en 1789 presidiu as cortes que aboliron a lei sálica. Desde 1792 desempeñou o cargo de conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Campos, estudou música no Conservatorio da Coruña e na Escola de Música de Santiago de Compostela, ademais de teatro na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Director de dobraxe de Vídeo Galicia e Intereuropa, como actor de teatro colaborou en diversas montaxes teatrais, como Ernest, de O. Wilde, e O auténtico Oeste, de Sam Shepard; e nas series de televisión Pratos combinados, Mareas vivas e Galicia Express e Nada es para siempre. Participou nos filmes Dáme Lume (1993), de Héctor Carré, Ilegal (2002), de Ignacio Vilar, e Heroína (2005), de Gustavo Herrero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Realizou estudos sacerdotais nos seminarios de Sarria, Verín e Poio, diplomouse en estudos sindicais e en técnicas de investigación aplicadas á educación, licenciouse en Ciencias Políticas e doutorouse en Ciencias Sociais. Catedrático de Socioloxía e Economía da Educación da Universidad Pontificia de Salamanca, onde foi subdirector do Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos, pertenceu ao consello editorial das revistas Estudios e Educadores. Fundou a colección Revista Estudios e colaborou no Dicionario de la Historia Eclesiástica de España. Publicou Mella y su pensamiento social (1972), Vázquez de Mella: sobre su vida y obra (1973), El pensamiento sociopolítico de Vázquez de Mella (1974), Cartas inéditas de Concepción Arenal (1984), Doctrina sindical Pontificia (1986) e Siguiendo a San Pedro Nolasco (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO