"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Arqueólogo. Especializouse en megalitismo e arqueoloxía atlántica, tema da súa tese de doutoramento Los monumentos megalíticos de falsa cúpula en la Fachada Atlántica Europea (1986). Membro da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, publicou O megalitismo na Galiza. A súa problemática e o estado actual da investigación (1979) e O megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia (1990). Recibiu o Premio Otero Pedrayo na sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e tradutor. Traballou en El Día, El Periódico de Aragón e, desde 2001, no Heraldo de Aragón, ademais de dirixir suplementos culturais e colaborar en ABC, Equipo, Radio Zaragoza e Cadena Cope. Presentador dos programas “La Noche de Buñuel” (2000), “La Noche de Sender” (2001) e “Viaje a la luna” (2003) en Antena Aragón, traduciu Los dioses inaccesibles (1994) e En la hora de nuestra muerte (2003). Ten publicados libros de bibliofilia, Bestiario Aragonés (1991); de xornalismo, Veneno en la boca (1994); e de narrativa en galego e castelán, A lenda da cidade asolagada (1995), Vida e morte das baleas (1997) e Los seres imposibles (1998); ademais doutras obras como Aragón (2001) e Vidas de cine (2002). Recibiu o Pedrón de Ouro (1983 e 1986) e o Premio Zaragoza de Periodismo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1975), foi profesor nas universidades de Deusto, Alacant, Oviedo e Santiago de Compostela. Director do grupo arqueolóxico Larouco, foi membro fundador do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense e da revista Boletín Auriense. Académico correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega, publicou La red viaria romana el sudeste de Galicia (1973), Galicia meridional romana (1977), Guiones de Historia Antigua Universal (1980), O tecido urbanístico da cidade romana (1997), Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior (1997) e O santuario rupestre galaico-romano de Panóias (Vila Real, Portugal): novas achegas para a súa reinterpretación global (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Especializouse no estudo das enfermidades tropicais, formándose no Instituto para as Enfermidades Tropicais de Hamburgo e na Escola de Medicina Tropical de Liverpool. Publicou Sobre anquilostomiasis en la huerta de Murcia (1936) e Infección personal por helmintos intestinales en el distrito de La Raya, Madrid (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborou en El Anunciador, O Galiciano e La Unión Republicana, e dirixiu O Novo Galiciano. Dos seus escritos destaca “Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras”, publicado en Gaita Gallega (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e político. Ordenado sacerdote en Barcelona (1493), foi bispo de Badajoz, Palencia, Burgos e Córdoba e conselleiro dos Reis Católicos. Foi presidente do Consello de Indias (1519-1524) e encargado dos asuntos comerciais da Casa de Contratación de Sevilla. Opúxose aos proxectos de C. Colón. O seu poder decaeu tras o ascenso ao trono de Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi asesor do Banco de Galicia y Buenos Aires e avogado consultor na embaixada española. Membro da Real Academia Galega, foi director e membro de varias asociacións galegas en Bos Aires. Colaborou no xornal Correo de Galicia (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político paraguaio. Latinista, avogado de ideas liberais e deputado (1809), uniuse aos independentistas de Paraguay. Desprazou o resto de dirixentes ata proclamarse cónsul (1811-1816) e ditador vitalicio (1816-1840). Estableceu un réxime nacionalista que afirmou a independencia de Paraguay fronte a España, Brasil e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Juan de Padrón, educouse na corte de Xoán II, de quen posiblemente foi paxe. Escribiu a novela sentimental El siervo libre de amor (1449) e as obras Triunfo de las donas e Cadira del honor. Probable autor dos romances Conde Arnaldos e Rosa florida, escribiu o Bursario, unha tradución parcial das Heroidas de Ovidio. Algúns dos seus poemas figuran no Cancioneiro de Baena.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano, xornalista e avogado, irmán de Carme Rodríguez de Legísima. Subdirector de El Eco Franciscano e fundador de Espigas y Azucenas (1914), foi reitor de San Francisco El Grande de Madrid e predicador do Rei Afonso XIII. Publicou Héroes y mártires gallegos. Los franciscanos de Galicia en la Guerra de Independencia (1912) e A las Cortes Constituyentes. Los franciscanos españoles y la misión de la raza hispana (1931). Membro da Academia Mariana de Roma, da Academy of American Franciscan History de Washington e académico correspondente da Real Academia Galega, foi nomeado cabaleiro da Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, da Orde do Santo Sepulcro e da Orde de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Realizou, por mandato do arcebispo compostelán Fernando de Andrade Soutomaior, unha Historia de Galicia, que comprendía ata o s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro, irmán de Xosé Rodríguez de Vicente. Despois de rematar os seus estudos en Alemaña, emigrou a Bos Aires (1907). Afiliouse ao Partido Socialista Argentino (1912), foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Participou na Guerra de Paraguay e foi presidente da municipalidade e xefe de policía en Córdoba. En 1869 iniciou as súas colaboracións periodísticas en Arxentina. Publicou El alma (1893), Origen y desenvolvimiento de la especie humana (1894), Peligros americanos (1899), El sistema de gobierno dual de Argentina y su origen: precedido por cuestiones de política iberoamericana (1906), América del Sur: altitudes y canalizaciones (1908), Apuntes para la historia de la legislación (1912), Autonomías municipales (1912) e Los gallegos en la Argentina (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Formado como enxeñeiro xeógrafo, foi axente consular de Arxentina e traballou como redactor de xornais. Publicou Los novelistas contemporáneos (1903), Estudios económicos: el proteccionismo en Argentina (1904), Problemas económicos e financieros (1905) e Impresiones (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas, traballou en Radio Pontevedra (1982), Faro de Vigo en Pontevedra (1984) e en Radio Noroeste (1984-1985), ata a súa incorporación á TVG. Na canle autonómica foi xefe de deportes (1990-1993), redactor xefe de informativos (1993-2000) e presentador e director de numerosos programas, como O Semanal, Reporteiros e Galicia Directo. Publicou o libro de relatos O Asasino Invisible (1998), o ensaio Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta (1999) e A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista chileno. Ocupou as secretarías de Guerra, Gobernación e Facenda (1811-1814) no goberno José M. Carrera Verdugo. Acadou o grao de tenente coronel, organizou unha eficaz guerrilla antirrealista en Colchagua e colaborou co xeneral José de San Martín na defensa de Santiago despois das desfeitas de Cancha Rayada (1818). Distinguiuse na Batalla de Maipú, pero Bernardo O’Higgins fixo que o detivesen.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.
VER O DETALLE DO TERMO