Rodríguez Fernández, José Luis

Rodríguez Fernández, José Luis

Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilamaior de Negral, Guntín