"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

    1. Que obra cunha gran velocidade.

    2. Que dura ou que se realiza en pouco tempo.

    3. Parte do percorrido dun río onde a corrente é máis rápida e circula de forma turbulenta. Prodúcese a causa dun relevo diferencial que o río escava na busca do perfil de equilibrio.

    4. No menor tempo posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rapinar.

    2. Delito que consiste na subtracción violenta dunha cousa allea. Na antiga Roma comportaba unha acción penal infamante para obter do autor do delito unha indemnización equivalente ao cuádruplo do substraído. Durante a época dos bárbaros o termo tipificaba todo tipo de furtos e roubos feitos durante o día.

    3. 1 rapaz.

      1. Nome común que reciben algunhas aves da familia dos accipítridos, do xénero Circus.

      2. rapina arpella/sapeira/das xunqueiras [port: tartaranhão dos pauis; cast: aguilucho lagunero; ingl: marsh harrier] [Circus aeruginosus, Fam dos accipítridos]

        Ave rapaz de ata 56 cm de lonxitude, con dimorfismo sexual; o macho ten a plumaxe castaña escura, pero a cabeza e o peito son máis claros e a cola e o extremo das ás de cor cincenta; a femia é parda escura, pero a cabeza e parte anterior das ás son máis claras. Vive en zonas lacustres e pantanosas máis ou menos extensas, alimentándose doutras aves acuáticas, anfibios (de aí o nome de sapeira), réptiles e micromamíferos. Está presente en case toda Europa, e en toda a Península Ibérica; en Galicia, aínda que está presente, non está confirmada a súa nidificación, e é rara de ver.

      3. rapina branca

        gatafornela.

      4. rapina cincenta [port: tartaranhão; cast: aguilucho cenizo; ingl: montagu’s harrier] [Circus pygargus, Fam dos accipítridos] s f

        Ave rapaz de ata 46 cm de lonxitude, con dimorfismo sexual; a plumaxe do macho é cincenta, agás no ventre que é riscado e as ás coas puntas negras; a femia ten a plumaxe acastañada no dorso, co ventre riscado, e a mitra branca. Vive en zonas de monte baixo e campo aberto, e aliméntase de micromamíferos, pequenas aves, réptiles e anfibios e insectos. En España a súa presenza é estival, ao igual que en todo o territorio de Galicia, entre abril e setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roubar con violencia.

    2. Furtar cousas de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Considerado como poeta oficial da súa cidade, polemizou con Carducci (1881). A súa obra está recollida en Poemi, liriche e traduzioni (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rizón que se emprega para arrastrar polo fondo do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación do hemisferio boreal situada entre Cisne e Saxitario, con 62 estrelas visibles a simple vista. A estrela máis brillante é á−Vulpeculae que ten unha magnitude de 4,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito que se realiza con astucia e maña, tal como actúa o raposo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Usar astucias para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cova onde mora o raposo.

    2. Monte de vexetación mesta e baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo. A súa construción comezou en 1625 coa entrada e a á norte da vivenda e continuou en 1712 co remate do patio en forma de U cara o L e a construción da torre. Realizouse en cachotaría e cantaría de granito e presenta dúas alturas, nunha planta en forma de U. Ten dous accesos, polo patio e pola horta. O conxunto complétase cunha torre e cunha capela exenta. Os escudos da torre, a porta principal de acceso e a porta da horta fan mención aos Saavedra e aos Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobeira, no concello homónimo. O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Monte Longo (Lobeira). O seu cumio acada os 1.173 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten astucia para lograr algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, que adoita pasar do metro de lonxitude, coa cabeza non moi grande, fociño longo e afiado, ollos de pupila elíptica e orellas altas e afiadas. O tronco é longo e esvelto, as patas longas e robustas e a cola longa e con abondosa pelaxe. A cor da pelaxe é moi variable, pode ser gris, avermellada ou amarelenta, as patas e as orellas son sempre negras e a punta do rabo pode ser branca ou negra. É fundamentalmente unha especie con actividade nocturna, con actividade ao serán e ao amencer. Xeralmente son solitarios, aínda que en España descríbense desde parellas ata grupos como unidades de organización social. A finais do verán comeza o período de dispersión dos cachorros que se prolonga ata o outono. A madurez sexual acádaa no primeiro ano de vida. Durante o celo, emiten chamadas nocturnas moi características. Os apareamentos teñen lugar desde novembro a marzo e, tras unha xestación de 52 días, o parto ocorre nun tobo ou cubil de difícil acceso escavado na terra, entre matos...

      2. raposo orelludo [Otocyon megalotis, Fam dos cánidos]

        Mamífero carnívoro, de 90 cm de longo, dos que 30 corresponden ao rabo e 40 cm de alzada á cruz. É pardo amarelado, co fociño e os extremos das patas e o rabo negros. É de costumes nocturnos e aliméntase de insectos, vexetais, pequenos mamíferos e de prea. Habita nas rexións áridas de África oriental e meridional.

    1. Peixe cartilaxinoso, duns 4 m de lonxitude, con corpo cilíndrico e forte, cabeza pequena e de perfil dorsal convexo, cun fociño arredondado e curto. Amosa un lóbulo superior da caudal curvado cunha lonxitude case igual ao resto do corpo. É cinsento azulado no dorso e branco no ventre que se vai estendendo nas bases das aletas pectorais. É de hábitos costeiros nas plataformas continentais e insulares e epipeláxico cando se distribúe a longa distancia da costa. Aliméntase de clupeidos, cabalas, lanzóns, calamares, polbos e crustáceos peláxicos. OBS: Tamén se denomina tiburón raposo.

    2. Que ou quen é astuto e malicioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra do Barbanza que está situado na parroquia de Ribasieira (Porto do Son). O seu cumio acada os 654 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Chás (Maceda). O seu cumio acada os 928 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de escritores do partido bolxevique ruso. Exaltaban a literatura rusa do s XIX e aplicaban á literatura o método do materialismo dialéctico e o principio da loita de clases. A partir de 1929 estableceron o control político sobre as actividades literarias. Disolveuse en 1932 e foi substituída pola Sojuz Pisatelej SSSR (Unión de Escritores Soviéticos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder relixioso alemán. En 1803 emigrou a EE UU onde, tomando como modelo a primitiva sociedade apostólica, fundou xunto cos seus seguidores a colonia New Harmony (1810). Posteriormente fundou New Economy que tamén prosperou. Os seus adeptos desapareceron a comenzos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido tamén como Ansky, máis que polas súas narracións en lingua jiddisch fíxose famoso co drama Dibbuk (1916), que ofrece unha rica galería de costumes xudaicos.

    VER O DETALLE DO TERMO