"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que se refire aos estudios da lingua inglesa ou cultura dos países anglofalantes.
-
Ciencia que estudia Inglaterra e os seus habitantes, especialmente as civilizacións antigas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo anglo.
-
Individuo do pobo xermánico anglo.
-
Pobo xermánico establecido na actual Schleswig-Holstein, onde a península de Angeln recorda o seu nome. Igual ca os saxóns e os xudeus, desembarcaron nas costas orientais de Bretaña entre a segunda metade do s V e o final do s VII. Desfacéndose dos británicos ou someténdoos, establecéronse en gran parte da actual Inglaterra. Outro grupo permaneceu na actual Alemaña e estableceuse no distrito chamado Angeln. Este grupo deixou escrito no século IX o seu dereito popular (Lex Anglorum).
-
Dialecto do inglés antigo que se falaba ao norte de Inglaterra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guerras que tiveron lugar entre Inglaterra e Holanda na segunda metade do s XVIII, provocadas pola rivalidade comercial de ambos os dous países. A primeira guerra (1652-1654) foi provocada pola promulgación da Navigation Act (1651). Holanda foi derrotada e tivo que asinar un tratado en Westminster. A segunda guerra (1665-1667) tivo a súa orixe na ocupación (1664) de certas colonias da Compañía Holandesa das Indias Occidentais por parte da Compañía Inglesa. A paz de Breda (1667) comportou a derrogación da Navigation Act con respecto ás mercadorías alemanas. Na terceira guerra (1672-1674), Inglaterra loitou ao lado de Francia. A paz asinada en Westminster (1674) ratificou a de Breda e representou o inicio da decadencia das Provincias Unidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía británica fundada en 1909 para a explotación dos xacementos petrolíferos en Irán. No ano 1951, foi estatalizada polo goberno iraní. Desapareceu definitivamente en 1954 dando paso á British Petroleum Co.
-
-
Relativo ou pertencente aos ingleses establecidos en América.
-
Natural de Inglaterra ou descendente dun natural de Inglaterra, establecido nos EE UU ou en América.
-
Relativo ou pertencente ás relacións económicas e sociais entre Inglaterra e América e ás relacións dos habitantes de Inglaterra e de América.
-
-
-
Cabalo procedente do cruzamento da raza inglesa coa raza árabe.
-
Que posúe elementos ingleses e árabes ao mesmo tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anglicano que pon o acento nos aspectos dogmáticos e sacramentais do credo cristián e na continuidade da Igrexa de Inglaterra coa doutrina de antes da Reforma, especialmente coa dos Padres da Igrexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De fala inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección a Inglaterra ou aos seus habitantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é partidario de Inglaterra ou dos seus habitantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adversión a Inglaterra ou aos seus habitantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é adversario de Inglaterra ou dos seus habitantes.
-
-
Relativo ou pertencente aos que falan normalmente lingua inglesa.
-
Persoa que fala habitualmente a lingua inglesa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos angloindios.
-
Británico nado ou instalado na India durante o período de dominación británica.
-
-
ILLAS
Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos normandos que quedaron en Inglaterra despois da conquista normanda e aos seus descendentes. Aplícase ao reino inglés e ao ducado de Normandía baixo a mesma soberanía.
-
Individuo orixinario de Normandía establecido en Inglaterra a consecuencia da conquista do país (1066) por Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.
-
ariante antiga da lingua de oïl, transplantada a Inglaterra despois de ser conquistada polos normandos (1066). Á base lingüística normanda, sobreponse unha capa anxevina, mestura que fai a miúdo que se disolvan os trazos específicos pola imitación do francés continental e a influencia da lingua literaria.
-
Literatura importada a Inglaterra no 1066 coa invasión dos normandos e que, escrita no seu dialecto, perdura ata finais do s XIV. A pesar da introdución de elementos ingleses considérase unha variante da literatura francesa. Coñécense máis de 400 textos anglonormandos. Cultiva a canción de xesta (Waldef, Horn e Rimenhild, Bovon de Hanstone), o lai (Havelok, Désiré, Du cor) e a novela cabaleiresca (Amadas et Ydoine). Tamén se conservan obras históricas (Estoire des Eingles, de Geoffrey Gaimar, s XII), relixiosas, didácticas, morais e unha lírica practicamente descoñecida.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos anglosaxóns.
-
Relativo ou pertencente aos individuos de lingua e cultura inglesa, de procedencia inglesa.
-
-
Pobos xermánicos que invadiron Inglaterra no s V. Os pobos xermánicos ingleses, saxóns e xutos, establecidos en Inglaterra no s V, foron ao comezo designados comunmente como saxóns, aínda que o apelativo inglés se atopa xa en Tácito; no s VI Paz Diaca crea o termo para distinguir os saxóns de Inglaterra dos do continente. Despois dun longo período de vacilacións a expresión foi retomada por William Camden no 1586.
-
inglés.
-
Escritura usada polos pobos anglosaxóns entre os ss VI e XII. Coa difusión do Cristianismo, tomaron como modelo a letra dos manuscritos latinos importantes directamente, ou ben a través dos manuscritos irlandeses. Deriva da “nova cursiva romana”.
-
Literatura que se desenvolveu en diversos dialectos anglosaxóns en Inglaterra do s V ata o s XI, e que foi acantoada baixo a influencia anglonormanda. A primeira etapa (ss V ao VII), caracterizouse pola literatura pareomolóxica e a dos scopas. Na segunda (ss VII ao VIII), xurdiron elexías e cantos épicos como o Beowulf. Foi entón cando conviviu coa literatura latina provocada pola chegada do Cristianismo. A terceira (ss X-XI), estivo presidida polo reinado de Alfredo o Grande, quen impulsou as traducións e a redacción da Crónica anglosaxona, e na cuarta e derradeira etapa iniciouse a decadencia. A produción poética foi a que acadou un maior nivel literario; sen embargo, a influencia na creación da prosa inglesa foi decisiva durante o reinado de Alfredo o Grande.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica do concello de Ponteareas. En orixe, pertencía a unha fundación monástica bieita instalada alí no s XII. Trátase da única testemuña en Galicia de planta cruciforme románica con nave única e capela rectangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto ou burato dunha parede por onde sae o xurro das augas sucias que vén da corte dos animais.