"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
GALICIA
Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cidades gregas do S de Italia que recibirion este nome desde o s II a C. A súa fundación produciuse durante o gran movemento colonizador grego, entre os ss VIII e VII a C, e aproveitou a situación estratéxica da Península Itálica no Mediterráneo e tamén as súas posibilidades agrícolas. Os colonizadores máis activos foron os de Calcis, que fundaron Cumas e Reggio, e os aqueos do Peloponeso que se estableceron en Síbaris, Crotona, Metaponte; pero tamén participaron outros pobos, como os espartanos e os locrios. Entre as colonias, Tarento e Síbaris acadaron un notable esplendor durante os ss VII e VI a C. A partir do s V tiveron que afrontar diversos ataques dos pobos veciños e organizáronse na Liga Italiota. A partir do s III a C foron sometidos por Roma. As colonias gregas de Sicilia e do S de Italia foron un dos principais centros de irradiación da cultura grega, e xurdiron así o pitagorismo e outros sistemas filosóficos, como a escola eleata, representada por Parménides. Moitas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que estudia os campos magnéticos que crea o corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que estudia o campo magnético que crea o cerebro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.
-
REXIÓNS
Rexión natural do NO de África que se estende por Marrocos, Alxeria e Tunisia, entre o Mediterráneo e o Sáhara, aínda que en sentido amplo tamén pode estenderse a Mauritania e Libia. De características mediterráneas, está formada por un conxunto de terras altas, que comprenden a cordilleira de Atlas, o altiplano marroquí e as chairas alxerianas. Foi habitada por poboación bérber e islamizouse no s VII. Fraccionouse en diversos estados autónomos a partir do afundimento abbásida.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Magreb ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Magreb.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de magro.
-
PUNTA
Punta situada na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, entre as de Preguntoiro e Inchide, na parroquia de Baroña (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xermanista italiano. Publicou a tese Il mito asburgico nella letteratura austriaca moderna (1963), e os estudios Lontano da dove (1971), Dietro le parole (1978) e Itaca e oltre (1982), aínda que a obra que lle deu máis sona foi Danubio (1986). Tamén escribiu as novelas Un altro mare (1991), Microcosmi (Premio Strega, 1997) e o ensaio La mostra (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor belga. Recibiu a influencia do cubismo e o futurismo (1923) e particularmente de G. De Chirico. Formou o grupo surrealista belga e en París (1927), en contacto co surrealismo francés, alcanzou a plenitude pitórica. A través dunha técnica realista e académica e dun formato monumental produciu efectos perturbadores e inquietantes coas imaxes inconscientes. Destacan as súas obras Le mariage de minuit (1926), L’usage de la parole (1928), La clef des songes (1930) e La colère des dieux (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten pouca ou ningunha graxa ou sebo.
-
Que ten pouca carne.
-
Carne de porco sen graxa próxima ao lombo.
-
-
PERSOEIRO
Erudito. Pretendeu superar a escolástica e ligar a tradición reformista hispánica, ancorada no erasmismo, coas novas correntes do pensamento europeo. En literatura fixo unha dura e implacable crítica do barroco decadente. Elaborou o primeiro proxecto reformista ilustrado, que foi rexeitado. Escribiu Vida de Miguel de Cervantes (1733) e Orígenes de la lengua española (1737), dúas achegas importantes á crítica literaria e á filoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na planicie dereita do esteiro do río Tordesa (14.367 h [2001]). A industria está diversificada, pero predomina o sector químico, metalúrxico e téxtil. A agricultura de regadío, con produtos de horta, é a máis importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e meteorólogo sueco. En 1926 tomou parte nunha expedición ao Polo Norte, baixo a dirección de Nobile, co dirixible Norge.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de malograr ou malograrse.
-
Que se perde ou morre antes de chegar ao seu máximo desenvolvemento.
-
-
-
Facer que algo ou alguén se perda ou non chegue ao seu desenvolvemento completo, ou non consiga o resultado esperado.
-
Non chegar algo ou alguén ao seu completo desenvolvemento ou ao resultado ou efecto esperado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de teatro afeccionado que se creou na Confraría de Pescadores de Cariño en 1975 e que mantivo unha considerable actividade ata comezos da década de 1980. Entre as súas iniciativas destaca o Festival de Teatro Galego que comezou a súa andaina en 1978 e que en 1984 se converteu no Festival de Teatro Galego-Portugués.
-
-
Exploración radiográfica da mama.
-
Imaxe que se obtén mediante a mamografía.
-