"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata alemán. Encabezou a rebelión corsa contra a soberanía de Florencia e fíxose proclamar rei de Córsega, co nome de Teodoro I, en abril de 1736. Obrigado a renunciar á coroa (1738), refuxiouse en Londres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino. Escribiu nove traxedias, das que destaca Danae, unhas 30 comedias, en que atacou á nobreza da súa época, e un poema épico, o Poenicum Belum (A guerra púnica), que se converteu na epopea nacional de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Alumno do Actor’s Studio de Nova York, está considerado unha figura esencial na historia do cine, tanto polo seu dinamismo como polo seu carisma persoal. Da súa filmografía destacan Somebody Up There Likes Me (1956), Cat on a Hot Tin Roof (1958), The Long, Hot Summer (1958, premio ao mellor actor en Cannes), The Hustler (1961), Sweet Bird of Youth (1962), The Sting (1973), The Color of Money (1986, Oscar ao mellor actor 1987), Mr. and Mrs. Bridge (1990), Nobody’s Fool (1994, Silbenen Bär de Berlín 1995) e Road to Perdition (2002). En 1985 recibiu un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
NADP.
-
-
Relativo ou pertencente ás nidulariáceas.
-
Fungo da familia das nidulariáceas.
-
Familia de fungos, da orde dos nidulariais, que presentan esporocarpos formados por un peridio en forma de copa e por un coágulo que contén corpos redondos denominados peridiolos. Comprende especies terrícolas e especies que viven sobre a madeira.
-
-
PERSOEIRO
Historiador e diplomático danés. Naturalizado alemán, en 1806 acadou un cargo na administración prusiana e entre 1816 e 1823 foi embaixador nos Estados Pontificios. Escribiu Römische Geschichte (Historia de Roma), publicada en tres volumes (1811-1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás ninfeáceas.
-
Planta da familia das ninfeáceas.
-
Familia de plantas acuáticas ou palustres, que presentan follas peltadas ou cordiformes, flores trimétricas ou polimétricas, grosas e solitarias, e froitos xeralmente baciformes. Habitan en augas doces.
-
-
-
Gruta de onde brotaba, na Antigüidade, unha fonte consagrada ás ninfas, que era considerada santuario do seu culto.
-
Fonte monumental organizada como unha fachada arquitectónica da época helenística e romana. Ten forma rectangular, elíptica ou absidal, con fornelos e columnas. En Roma e nalgunhas cidades de Asia como Mileto, Éfeso e Antioquía sobresaían pola súa fastosidade escenográfica. Durante os períodos renacentista e barroco, tamén recibiron o nome de ninfeos as fontes monumentais das grandes vilas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás nitaxináceas.
-
Planta da familia das nitaxináceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas, da orde das cariofilais, que presentan follas simples opostas, de flores monoclamídeas, gamófilas, pentámeras e co xineceo súpero e froitos en aquenio. Case todas son propias das rexións cálidas de América.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás nitrobacteriáceas.
-
Bacteria da familia das nitrobacteriáceas.
-
Familia de bacterias autótrofas, que comprende individuos que habitan no solo e transforman o amoníaco en nitritos e nitratos asimilables polos vexetais. Coñécense os xéneros que oxidan o amoníaco Nitrosomonas, Nitrosococcus, Nitrospira, Nitrosocystis e Nitrosoglea, e os nitritos Nitrobacter e Nitrocystus.
-
-
-
Que é de neve ou semellante a ela.
-
Que é da cor da neve.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Miyazaki, na illa de Kyūshū, Xapón, situada no delta do río Gokase (128.271 h [1993]). Ten importantes plantas de industria química e nas súas costas cultívanse perlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás nolanáceas.
-
Planta da familia das nolanáceas.
-
Familia de plantas, da orde das solanais, integrada por unhas 50 especies de herbas ou matas con follas alternas e flores pentámeras. Son naturais de América do Sur occidental.
-
-
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudou e doutorouse na University of Cambridge. Especializouse no estudo de reaccións químicas ultrarrápidas e das variacións do equilibrio químico baixo pequenos impulsos eléctricos. Destaca o seu artigo “Fifty years of physical chemistry in Great Britain” (1969). Recibiu o Premio Nobel de Química (1967), xunto con George Porter e Manfred Eigen, polos seus estudos sobre as reaccións ultrarrápidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao N de Europa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do N de Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Barcelona desde 1994. Promovida pola Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas, responsable tamén da edición dun boletín, e dirixida por Mercedes Castro, non tivo periodicidade fixa.
-
PERSOEIRO
Escritor. Monxe do mosteiro de Sankt Gallen, foi un dos máis grandes estilistas da literatura alemá. Divulgador dos clásicos, que traduciu ao alemán, comentou a Boecio, Aristóteles e os Salmos. A súa obra está formada por algúns dos textos máis antigos e de máis relevancia da lingua xermánica.
VER O DETALLE DO TERMO