Newman, Paul Leonard
Newman, Paul Leonard
Actor cinematográfico estadounidense. Alumno do Actor’s Studio de Nova York, está considerado unha figura esencial na historia do cine, tanto polo seu dinamismo como polo seu carisma persoal. Da súa filmografía destacan Somebody Up There Likes Me (1956), Cat on a Hot Tin Roof (1958), The Long, Hot Summer (1958, premio ao mellor actor en Cannes), The Hustler (1961), Sweet Bird of Youth (1962), The Sting (1973), The Color of Money (1986, Oscar ao mellor actor 1987), Mr. and Mrs. Bridge (1990), Nobody’s Fool (1994, Silbenen Bär de Berlín 1995) e Road to Perdition (2002). En 1985 recibiu un Oscar honorífico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Shaker Heights, Ohio