"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Toureiro. Coñecido como Manolete, tomou a alternativa en Sevilla en 1939. Considerado pola afección e pola crítica como unha das maiores figuras do toureo en España, morreu na praza de Linares, despois dunha collida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarcosindicalista. De orixe galega, pertenceu á Federación de Obreros del Calzado da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) desde 1913 e, en 1925, comezou a traballar de condutor e incorporouse á Unión de Chauffeurs, colectivo en que ocupou cargos directivos en diversas ocasións. Deportado en 1930, viviu en Vigo ata que regresou clandestinamente a Arxentina. Deportado novamente en 1936, chegou a Barcelona, onde se adscribiu á Sección Defensa do Comité Nacional da CNT. Ao rematar a guerra, pasou a Francia. En 1945 elixírono tesoureiro do Comité Nacional do Movimiento Libertario Español-CNT. Retornou a Arxentina en 1946 onde continuou vinculado á Unión de Chauffeurs, e ocupou a secretaría do consello federal da FORA (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Evolucionou desde a pintura realista cara á mural, en que se perciben as influencias do seu mestre Vázquez Díaz. Das súas obras destacan os murais do convento do Sagrado Corazón de Madrid e do mosteiro de Samos e Peixeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e escritor. Emigrou a Cuba, onde se dedicou ao ensino, comercio e xornalismo. Cultivou o conto, Las ilusiones del amor (1909); a novela, Las dos primas (1911); a poesía, Rosas fugitivas; e o teatro, El maldito deber.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Catedrático de Xeometría Analítica na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de análise matemática, aritmética razonada e álxebra. Publicou Grupos de sustituciones que dejan invariable un recinto plano circular múltiplemente conexo (1918) e Lecciones de geometría analítica. Coordenadas homogéneas. Generalidades sobre las líneas y superficies (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fitopatólogo. Especialista en bacterioloxía agrícola, traballou na Estación de Fitopatoloxía Agrícola da Coruña e foi membro do CSIC. Publicou numeros artigos de investigación sobre patoloxía vexetal, dos que destaca Plan de lucha contra las plagas del campo que actualmdetne pueden ser combatidas (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político, irmán de Xosé Rodríguez Seoane. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, foi deputado nas Cortes pola sección de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884); e senador polas provincias de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. En 1871 foi nomeado gobernador en Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán. Das súas obras de temática médica destacan Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas (1878), Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar (1880) e Varela de Montes y la Escuela Médica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e filósofo, irmán de Luís Rodríguez Seoane. Tivo un papel destacado no provincialismo que se interrompeu, así como o seu labor literario e xornalístico, pola súa morte prematura. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en La Oliva, La Perseverancia, El Miño e Revista de Instrución Pública. Destacan as súas obras póstumas Artículos y novelas (1899) e Lembranzas da terriña (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor. Relacionado desde a súa infancia co mundo rural, plasmou parte das súas vivencias nos seus traballos poéticos. Colaborador do Museo de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidad de Madrid (1948-1954). Colaborou nas revistas Alborada, Vento do Leste e Galicia en Madrid. Da súa obra destacan os libros de poemas Relembranzas (1987) e Lonxe (1992), que se vertebran arredor dos temas do ruralismo e a emigración; as obras Raíces rurais (1996) e Chama acesa-noeliña (2000), novelas costumistas do medio rural galego; a novela de ciencia ficción La vida flor de las galaxias (1999), o libro de aforismos Celme e vida (2002) e o libro etnográfico Historia dunha aldea galega (2004). É membro do Real Círculo Artístico de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Fernando Trueba, renovou a comedia española con Ópera prima (1980). Posteriormente dirixiu Mientras el cuerpo aguante (1981), El año de las luces (1986), Belle Époque (1992, Oscar á mellor película estranxeira), La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000), El embrujo de Shangai (2003) e a película documental El milagro de Candeal (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Mariano Tudela, instalouse en Madrid (1956), onde foi asiduo colaborador de publicacións periódicas, guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Cultivou a novela con La linterna mágica (1948), Más que maduro (1956) e El aliento del diablo (1978); o conto con El hombre de las tres escopetas (1953); e a biografía con La Bella Otero (1957), Valle-Inclán, vida y milagros (1969) e La Galería Siniestra (1968-1972). Tamén elaborou as monografías de Azorín (1969), Camilo José Cela (1970) e Álvaro Cebreiro (1983), e outras obras como Vivir en La Coruña (1976) e Aquellas tertulias de Madrid (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.
-
PERSOEIRO
Nadador. Coñecido como Chano Rodríguez, está considerado un dos deportistas parolímpicos máis destacados de España. Membro do Plan Ado, participou nos Xogos Parolímpicos de Sydney 2000, onde bateu as mellores marcas do mundo nos 50, 100 e 200 metros libres, en que obtivo a medalla de ouro, xunto ás dos 4x50 metros libres e 4x50 estilos. En Atenas 2004 bateu a mellor marca do mundo en 50, 100 e 200 metros libres, disciplinas en que conseguiu tres medallas de ouro. Establecido en Vigo, recibiu o premio ao mellor deportista de Pontevedra da Deptación de Pontevedra (2000) e o premio Vigués Distinguido (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Foi subdirector xeral e director xeral da Consellería de Economía e Facenda (1986-1990), director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia (1991-1997), secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia (1997-1999) e director da Fundación Galicia-Europa. Conselleiro de Industria e Comercio (1999-2003), foi conselleiro de Innovación, Industria e Comercio (2003-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Impresor. Mantivo os seus obradoiros tipográficos na Coruña que, xunto aos de Iguereta, editaron todos os folletos e libros de tendencia liberal da cidade. En 1811 editou El Robespierre español. Amigo de las Leyes, ao ano seguinte un folleto sobre o Tribunal da Inquisición e, en 1814, as Cartas sobre la obra de Rousseau, de Valentín Foronda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastián Rodríguez Veloso.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrou a Puerto Rico arredor de 1861 e posteriormente estableceuse en México, onde ingresou no exército do Emperador Maximiliano. Instalouse en Cuba, onde foi presidente da Liga de Comerciantes Importadores de Cuba. Deputado por La Habana, foi secretario da xunta do Partido Reformista, pertenceu á Comisión Arancelaria e en 1897 foi ministro de Agricultura, Industria e Comercio de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO