Rodríguez Seoane, Luís
Médico e político, irmán de Xosé Rodríguez Seoane. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, foi deputado nas Cortes pola sección de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884); e senador polas provincias de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. En 1871 foi nomeado gobernador en Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán. Das súas obras de temática médica destacan Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas (1878), Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar (1880) e Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago (1880); e da súa produción literaria destacan Mis ideales. Poesías (1902).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela