"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Baseou a súa obra, chea de fantasía, na utilización de trucos cinematográficos. Realizou máis de 4.000 filmes, dunha duración de entre 1 e 15 minutos, onde presentaba historias imaxinativas e fantásticas. Entre os seus filmes destacan La voiture du potier (1896), Le voyage dans la lune (1902), A la conquête du Pôle (1912) e Le voyage de la familie Bourrichon (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarquista e topógrafo. En 1877 afiliouse ao Partido Republicano Federal (PRDF), asumindo pouco despois a secretaría da sección viguesa. En 1880 fundou o semanario federalista La Propaganda, que representou o seu paso do federalismo ao anarquismo. En 1881 marchou a Madrid ao ser acusado de inxuriar o marqués de Elduayen, e un ano máis tarde asistiu, representando a Federación Local de Vigo, ao II Congreso da Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) celebrado en Sevilla. Na súa estancia en Madrid coñeceu o fundador da Revista Social, Juan Serrano Oteiza, quen o animou a estudar topografía. As súas colaboracións na devandita revista fixérono coñecido nos medios libertarios e obreiristas, ben pola súa denuncia do episodio de La Mano Negra en Andalucía, ben polo seu posicionamento anarcocolectivista. En 1884 presentouse a un concurso literario en Vigo co ensaio El problema de la emigración en Galicia, co que gañou o Primer Certamen Socialista de Reus....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declamación musical que empregaban os antigos gregos.

    2. Fragmento melódico pouco inspirado e monótono.

    3. Estado de embriaguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Jean-Pierre Grumbach, foi unha das referencias dos autores do movemento cinematográfico francés de finais da década de 1950. Destacan os seus filmes Le Silence de la Mer (1945), Les Enfants Terribles (1950), Bob le flambeur (1955) e Un flic (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mover algo repetidamente dun lado para outro.

      2. Mover ou arrolar unha cousa para que os seus compoñentes se mesturen.

    1. Moverse algo repetidamente dun lado para outro.

    2. Actuar con rapidez e eficacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta italiano. Especialista en 200 m, obtivo dúas marcas do mundo, 8 europeas e 33 italianas. Participou en cinco edicións dos xogos olímpicos (1972-1988), en que obtivo tres medallas: bronce en 200 m (Múnic 1972), ouro en 200 m e bronce en 4x400 m (Moscova 1980). Tamén obtivo seis medallas en europeos (3 ouros, 2 pratas e 1 bronce) e dúas en mundiais (prata e bronce, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. menstruo.

    2. Menstruo moi abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresaria. Dedicada ao mundo da moda, creou xunto a Amancio Ortega, a empresa familiar Confecciones Goa e INDITEX. Desvinculada do sector téxtil, pasou a formar parte do consello de administración de Zeltia e INDITEX. Fundou e presidiu a Fundación Paideia (1986). Recibiu a Medalla Castelao (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e científica alemá. Doutora en Física pola Universidade de Leipzig e investigadora na Academia de Ciencias da RDA, non entrou en política ata o derrube do Muro (1989), pero dende entón foi viceportavoz do goberno, ministra de Muller e Xuventude (ambos en 1990) e, posteriormente, de Medio Ambiente (1994). En 1998 nomeárona secretaria xeral da Christlich-Demockratische Union (CDU), que presidiu desde 2000. Despois dunha exitosa etapa como líder da oposición conservadora no Bundestag, o seu partido gaña as eleccións e Merkel é nomeada chanceleira de Alemania (2005). A revista Forbes a considerou a muller máis poderosa do mundo (2006). Tivo un papel decisivo na sinatura do Tratado de Lisboa, que substituíu á fracasada Constitución Europea, recibindo por iso o Premio Carlomagno ao europeísmo (2008).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Dedicado primeiro á fenomenoloxía, definiu a moral política do existencialismo, distanciouse de Sartre (1953) e buscou as vías dunha esquerda non comunista. Escribiu Struture du comportement (1941), Phénoménologie de la perception (1945), Humanisme et terreur (1947) e Les aventures de la dialectique (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Coñecido como le curé Meslier, escribiu Mon testament, en que atacou a relixión e as institucións políticas e sociais do seu tempo. Voltaire publicou diversos extractos co título de Testament du curé Meslier (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de tecido intermedio entre o ectoderma e o endoderma dalgúns grupos de invertebrados como os poríferos, cnidarios e ctenóforos. Ten unha consistencia xelatinosa e inclúe células indiferenciadas, como os amebocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mar de Tetis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha metamorfose.

    2. Producirse unha metamorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma larval propia dos malacostráceos que provén da larva zoea da que se diferenza pola presenza dunhas curtas patas torácicas, de aspecto sacciforme, detrás dos maxilípedes natatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos franceses dos ss XVI e XVII orixinarios de Dreux. Clément Métezeau (Dreux 1479-1555) fixo a casa consistorial e traballou na igrexa de Saint-Pierre, ambas as dúas en Dreux. O seu neto Louis Métezeau (Dreux 1560-París 1615), arquitecto do rei, fixo a parte superior da Grande Galerie do Louvre e efectuou os planos da Place des Vosges en París. O seu irmán Clément Métezeau (Dreux 1581-París 1652) proxectou a Place Ducale de Charleville, en París, comezou a igrexa do Oratoire e fixo a fachada da de Saint-Gervais e o dique de La Rochelle (1628).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Cultivou o neoimpresionismo e o fauvismo, e desde 1908 adscribiuse ao cubismo, para volver logo ao realismo. Pintou Femme face et profil (1917) e escribiu, xunto con A. Gleizes, Du cubisme (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Jean Chopinel, foi un poeta satírico, atacou o clero e as mulleres, e opúxose ao espírito do amor cortés. Escribiu a segunda parte do Roman de la Rose, coñecido por transgredir os tópicos literarios da época, e traduciu diversas obras, como De consolatione philosophiae de Boecio. Numerosos manuscritos atribúenlle unha obra satírica titulada Testament.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático francés. Colaborou con Lavoisier nos célebres experimentos que deron lugar á descomposición da auga en osíxeno e hidróxeno e a súa posterior síntese. Continuou as investigacións matemáticas de Monge. Nun estudo que fixo sobre a curvatura das superficies inclúese o teorema que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante grego. Comandou a frota grega no momento da loita pola independencia e derrotou os turcos en 1824, preto da antiga Mileto e en Navarino, ao ano seguinte. Acabada a guerra, derrotou a frota do ditador rusófilo Kapodistrias.

    VER O DETALLE DO TERMO