"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proporción que corresponde a unha certa magnitude, incluída ou referida a outra que se considera equiparada á centena. OBS: Tamén se denomina tanto por cento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se distribúe ou fracciona en forma de tantos por cento.
-
-
Espazo cuberto que precede á entrada ou porta dunha casa.
-
Galería cuberta, con columnas ou con arcadas, que teñen algúns edificios contiguos nas súas fachadas, diante das tendas e dos portais de entrada. Serve especialmente de corredor público para pasear e atópase, ás veces, en todo o percorrido dunha rúa, arredor dunha praza ou no contorno dun rueiro de casas. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao porco ou propio del.
-
-
-
Parte dunha cousa, separada ou non do total.
-
Parte separada dun todo que toca a alguén nunha distribución.
-
-
Prebenda nunha igrexa catedral ou mosteiro, que tiña a súa renda na mesa do cabido.
-
-
-
Porción moi pequena.
-
Indulxencia que se gaña na capela da Porciúncula, preto de Asís, onde san Francisco de Asís estableceu o primeiro centro da orde franciscana, e nas igrexas franciscanas, catedrais e igrexas parroquiais cada 2 de agosto.
-
-
-
-
Mamífero doméstico artiodáctilo, duns 75 cm de altura e 1 m de longo, coas orellas grandes e gachas, fociño chato con dúas grandes aberturas nasais e unha dentición con cabeiros pouco desenvolvidos. A súa pel está pouco recuberta de pelo, soamente algunhas sedas, e de tonalidades desde o rosado ata o negro, pasando incluso por tons amarelentos, e tamén se dan casos de porcos con manchas escuras. O tronco é bastante alongado, coas patas curtas con pezuños de dúas dedas e unha protuberancia atrás, vestixio das outras dedas, perdidas durante a evolución. Tamén é curiosa a forma enroscada do rabo. O seu sistema dixestivo é moi similar ao do home, xa que comparten o mesmo tipo de alimentación omnívora. As femias teñen o celo cada tres ou catro semanas e dura arredor de 35 horas. A xestación dura catro meses e paren de seis a doce bácoros. Os porcos domésticos actuais derivan de tres formas prehistóricas: o Sus vitalus, que deu lugar aos porcos de tipo asiático; o Sus mediterraneus,...
-
Carne dese animal.
-
porco bravo
xabaril.
-
porco celta
Raza de porcos, autóctona de Galicia, de gran tamaño e dolicocéfalos, co corpo longo e alto, dorso arqueado, cabeza de gran tamaño, forte e alongada, con orellas longas e gachas, que lle chegan a tapar os ollos, e fociño ancho e gordo, membros alongados, ben formados e fortes con pezuños sen pigmentación, pel grosa con numerosas sedas longas e fortes e rabo longo. Posúen un sistema óseo e muscular moi desenvolvido, sobre todo o terzo anterior, o que os fai aptos para a marcha e percorrer grandes distancias. Son porcos que producen pouca graxa e moita carne. Esta raza existía tradicionalmente en todo o N peninsular; en Galicia foi a máis importante ata comezos de século, pero debido ao desenvolvemento da produción industrial, á introdución de razas de maior rendemento e aos cruzamentos con estas case chega a desaparecer. Existen tres variedades que só se diferencian pola pigmentación da pel e polo lugar de orixe: a variedade santiaguesa ten a pel rosada e ausencia de pigmentacións;...
-
porco ibérico
Raza porcina, autóctona da Península Ibérica, de patas finas, longas e resistentes, fociño aguzado, pelo débil e escaso, e coloración escura da pel. Presenta a facultade de almacenar grandes depósitos de lípidos insaturados e infiltralos nas masas musculares, o que lle proporciona a textura e sabor característicos da súa carne. O seu desenvolvemento é lento e existen distintas variedades (a negra, a retinto, a rubia ou cana e a manchada ou Jabugo), que se diferencian fundamentalmente na pelaxe. A cría realízase en liberdade e distínguense dúas fases: unha de preparación, que ten unha duración de 15 a 21 meses, e outra de engorde ou montanera. Aliméntase de herbas, sementes e grans na primeira fase e fundamentalmente de landras na segunda. Vive nas devesas de aciñeiras e sobreiras. Habita fundamentalmente zonas occidentais e suroccidentais da Península Ibérica. Ten a súa orixe no prehistórico xabaril mediterráneo (Sus mediterraneus),...
-
-
porcallán.
-
Que ou quen se comporta de xeito desprezable e sen escrúpulos.
-
ourizo cacho.
-
teixugo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Vicente Risco publicada en 1928, coa que contribuíu a impulsar a narrativa galega cara á modernidade. O autor busca a cooperación do lector a través da voz narrativa nun texto de carácter intelectual. A novela, ambientada na vila de Oria -Ourense na realidade-, posúe trazos definitorios da ideoloxía de Risco. O protagonista, don Celidonio, o porco, e o antagonista, o doutor Alveiros, representan, respectivamente, a materia e o espírito. Nela tamén se atacan os valores da cultura urbana e do ser capitalista, que prexudican directamente, no presente e no futuro, os valores tradicionais galegos. Ademais cómpre destacar o bo uso do carácter satírico que, partindo da longa tradición da literatura galega, fai o autor nesta obra. Nese sentido, e seguindo os preceptos do grupo Nós, Risco alimentou un dos aspectos fundamentais do volksgeist galego: o humor.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Vilavella (A Mezquita). O seu cumio acada os 1.469 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santo Adrao de Lourenzá (Lourenzá). O seu cumio acada os 729 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Lambre en San Pantaleón das Viñas (Paderne). Data do s XIX e foi realizada en pedra con arcos rebaixados. Ten tres vans e sitúase na estrada da Coruña a Ferrol.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Coiro (Mazaricos). O seu cumio acada os 562 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, regado por afluentes do Guadalquivir (6.971 h (2001]). A economía baséase na agricultura, gandaría e minaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Canadá e de Alasca (840 km) que nace preto das montañas Mackenzie e desemboca pola dereita do Yukon, en Alasca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Rivers, Nixeria (410.000 h [estim 1995]). Situada á esquerda do delta do río Níxer, no golfo de Bonny, é o segundo porto do país, onde hai instalados grandes complexos de compañías petroleiras. Tamén destaca como centro produtor de tabaco e núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e política. Especialista en comunicación corporativa, traballou en distintos medios de comunicación (1972-1984), como El Pueblo Gallego, El País e Radio Popular de Vigo, onde realizou un dos primeiros programas informativos en lingua galega, A bisbarra. Posteriormente ocupou os cargos de xefa de Relacións Públicas e Prensa do concello de Vigo, directora do Boletín de Información Municipal de Vigo e concelleira e tenente de alcalde.
VER O DETALLE DO TERMO
Deputada no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1989-1997), foi xerente de Información & Comunicación Local SA (INCOLSA) ata a súa reincorporación ao concello de Vigo (2001) para ocuparse das relacións internacionais e do departamento de prensa da Xerencia de Urbanismo. En 2003 foi concelleira e en 2004 deputada do Congreso de los Diputados. Representou o concello de Vigo na Conferencia de Cidades... -
MONTES
Monte situado na parroquia da Graña (Covelo). O seu cumio acada os 962 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Feás (Boborás). O seu cumio acada os 552 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Tomou a cidade como principal destinataria do seu traballo e aplicou sobre o barrio de Les Hautes (París) a súa concepción de illote cuberto sobre as rúas. Dos seus proxectos destacan o Conservatorio Erik Satie (1984) e a Cité de la musique (1990-1995), ambos en París, o Credit Lyonnais en Lille (1995) e a Torre LVMH de Nova York (1999). Recibiu o Premio Pritzker (1994).
VER O DETALLE DO TERMO