"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Hábil versificador, o seu teatro presenta unha retórica propia do Século de Ouro e influencias directas do Romancero. Publicou os dramas históricos Las hijas del Cid (1908) e Doña María la Brava (1909); o drama operístico Emporium (1906) e o poemario Odas (1900), en que amosou o seu modernismo e clasicismo. As súas novelas seguen tamén unha mesma liña romántica modernista e de evocación histórica. Postumamente editouse o libro de memorias Días de Infancia y adolescencia (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). De planta baixa rectangular na súa orixe, foi fundada pola familia Aldao, da que se conserva un escudo na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Markina-Xemein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Trelle (Toén) e Loiro (Barbadás). O seu cumio acada os 512 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao marquisano.

    2. ariedade lingüística italorrománica do grupo central, que se fala en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada en Marrocos (621.914 h [estim 1994]). É o centro comercial dos nómadas do Sáhara. Foi fundada en 1062 polo almorábide Yūsuf ibn Tašfīn e experimentou un gran desenvolvemento durante o dominio almohade. En 1269 foi dominado polos benimeríns. Despois dos gobernos sadita e alauita, durante o protectorado francés (1912-1956) foi administrado pola familia Glāwī. O derradeiro representante desta dinastía foi un dos instigadores da deposición do sultán Mu Palatino; ḥ ammad V en 1953. A súa medina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (14.755 km2; 1.608.000 h [estim 1994]). A capital é Marraquex.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Marrocos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta máis meridional da Península Ibérica, situada no municipio de Tarifa, provincia de Cádiz, no estreito de Xibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Foi o primeiro secretario da Academia Colombiana de la Lengua e vicepresidente da República. No campo lexicográfico publicou Tratados de ortología y ortografía castellana (1858) e Dicionario ortográfico (1867). Da súa obra, de carácter costumista e dunha gran perfección formal, destacan El moro (1897) e Amores y leyes (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica e fabricación de obxectos de pel e coiro.

    2. Obxectos fabricados en pel ou coiro.

    3. Taller ou tenda onde se fabrican ou venden obxectos de pel ou coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa poesía revela unha constante biográfica e simbolista, que parte dun vitalismo realista non exento de preocupacións relixiosas (Paraules al vent, 1954, Premio Óssa Menor). Logo incorporouse ao realismo histórico (El poble, 1966), para dar paso a unha etapa intimista. Da súa produción destacan L’àmbit de tots els àmbits (Premio Ciutat de Barcelona 1981), Els bells camins (Premio Salvador Espriu e Premio Ciutat de Barcelona, 1987) e Un hivern plàcid (1994, Premio de la Crítica 1995). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1991) e o Premio Nacional de Literatura Catalana (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Secretario do concello da Coruña, escribiu entre 1926 e 1932 na publicación mensual Galicia Industrial y Comercial, que dirixiu desde xaneiro de 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Joaquín Sabina, as súas letras, cun alto contido poético, forman parte da crónica urbana. Da súa discografía destacan Malas compañías (1980), La mandrágora (1981), Hotel, dulce hotel (1987), Mentiras piadosas (1990), Esta boca es mía (1994), Enemigos íntimos (1998), 19 días y 500 noches (1999), Dímelo en la calle (2002) e Diario de un peatón (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Florencio de Arboiro, a proposta estética da súa obra vinculouse ao seu arraigamento no medio rural (Pastoreando, 1980), incorporando símbolos relacionados moitas veces con lendas populares (Meiga, 1988-1990). Preferiu empregar materiais de suxerentes formas tomados da natureza e reutilizalos sen apenas transformar. A súa obra, da que destacan Afiador (1980-1982) e Maternidad (1980), está presente en mostras individuais e colectivas en Galicia e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Val d’Hebrón, membro de diversas comisións ministeriais da especialidade de Medicina Interna e vicepresidente da Sociedad Española de Medicina Interna. Recibiu o Premio José Trueta a la Investigación (1988), o Premio Farreras Valenti da Sociedad Catalana de Medicina Interna e o Premio Janssen-Cilag de investigación biomédica en SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Deputado e ministro de Facenda (1892), escribiu obras de socioloxía, economía e historia. Destacan Os Lusíadas. Ensaio sobre Camões e a sua Obra, em relação à Sociedade Portuguesa e ao Movimento da Renascença (1872), A Teoria do Socialismo, Evolução Política e Económica das Sociedades da Europa (1872), História de Portugal (1879) e Os filhos de D. João I (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga. Xefa do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo Provincial da Deputación de Lugo, publicou Niños (1991) e Sargadelos, un viejo cuento y una gran realidad (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO