"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.
-
PERSOEIRO
Prateiro. Activo en Ourense, onde foi prateiro da catedral entre 1564 e 1598, realizou diversas pezas para o mosteiro de Oseira, Santa María de Barra (Coles), Santa María de Melias, Santo Eusebio da Peroxa e Santa María Madre de Ourense. Foi tallador da casa da moeda da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).
-
PERSOEIRO
Relixioso. Naceu no seo dunha familia nobre, os Menéndez, condes de Caldelas e detentadores do bispado de Dumio-Mondoñedo. Educouse en Mondoñedo, baixo a tutela do seu tío, o bispo Sabarico II, a quen sucedeu en 925 no bispado. Foi abade do mosteiro de San Salvador e Santa Cruz de Portomarín. Fundou o mosteiro de Celanova, onde ingresou en 946 e sucedeu a san Franquila como segundo abade en 955. O Rei Ordoño III nomeouno gobernador en Galicia, e durante o seu mandato combateu con éxito aos mouros, que cruzaran o Mondego e despois derrotou aos normandos. Volveu ao mosteiro, e desde 968 asumiu a administración da sede de Iria e a sé apostólica, pero sin ser nunca titular da mesma, ata 977. A súa iconografía represéntao vestido de bispo cun báculo na man (bispo) e unha maqueta de igrexa noutra (fundador); pode levar unha espada ou outro detalle guerreiro (condición de guerreiro da Reconquista). A súa festividade celébrase o 1 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Intentou superar o dualismo do temporal e o intemporal mostrando o que hai de intemporal no temporal e viceversa. Dividiu a ciencia das ideas lóxicas en metafísica, lóxica e ideolóxica. Escribiu Asthetische und poetische Mitteilungen (Comunicacións estéticas e poéticas, 1827), Encyklopädie der theologischen Wissenchafen (Enciclopedia das ciencias teolóxicas, 1831), Studien (Estudos, 1839-1840), Meine Reform der hegelschen Philosophie (A miña reforma da filosofía hegeliana, 1852), Wissenschaft der logischen Idee (Ciencia das ideas lóxicas, 1858-1859) e Neue Studien (Novos estudos, 1875-1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Discípulo de M. Ravel, foi director da Orquestra Nacional de Francia (1944-1947) e da Orquestra Sinfónica de Seattle (1948-1951), e autor de diversas óperas, operetas, ballets e música sinfónica, relixiosa e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista. Foi catedrático de Lingua Romanesa da Universidade de Bucarest. En 1948 ingresou na Academia e en 1963 pasou a dirixir o Centro de Investigacións Fonéticas e Dialectolóxicas. Autor de diversos estudos dedicados á fonética teórica e á historia do romanés, da súa obra destacan Recherches sur la phonétique du roumain du XVIe siècle (1926), Curs de fonetic ǎ general ǎ (1930) e Istorie a limbii române, De la origini pîną la începutu l secolului al XVII-lea, en seis volumes aparecidos sucesivamente desde 1938 (reeditados conxuntamente en 1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano. Inicialmente orientou o seu cine cara a temas sociais e polémicos. Debutou con La sfida (1958) e da súa filmografía destacan Salvarote Giuliano (premiado no Festival de Berlín de 1962), Le mani sulla città (premiado no Festival de Venecia de 1963), Lucky Luciano (1973), Cristo si è fermato a Eboli (1979), Carmen (1984), Cronaca di una morte anunciata (1987), Diario napoletano (1992) e La tregua (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor sueco. Establecido en París e protexido por madame de Pompadour, participou nos Salons ata 1791. Os seus retratos foron influídos polos de M. Q. de La Tour e de G. van Loo. Destacan Dama do abano (1768), retrato da súa dona, e C. J. Vernet (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e filósofo italiano. Coñecido como Rosmini, foi duramente criticado nos círculos católicos polo carácter filosoficamente innovador das súas doutrinas e pola súa posición política. Afirmou que a idea do ser se atopa en todo home dunha maneira inmediata, e que nela se fundamentan tanto o coñecemento científico coma a vida moral. Escribiu Nuovo saggio sull’origine delle idee (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Antonio Rosmini Serbati ou á súa congregación.
-
Membro ou seguidor do Instituto da Caridade, congregación relixiosa fundada por A. Rosmini Serbati en 1828 e aprobada por Gregorio XVI en 1839. Dedícase ao ensino e ao coidado de orfos.
-
-
PERSOEIRO
Xurista e político, irmán de Xoán X. e Luís Rosón Pérez. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1949-1951) e a Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo. Como procurador en Cortes en representación familiar pola provincia de Lugo durante a IX e a X Legislatura (1967-1977) defendeu o uso da lingua galega. Tivo unha grande actividade pública como incentivador e presidente de diversos movementos agrarios e cooperativistas en Galicia. Fundou a Agrupación Electoral Lucense, que se integrou en UCD (1977) pola que foi deputado por Lugo no Congreso de los Diputados na lexislatura constituínte (1977-1979) e senador electo pola mesma provincia na I lexislatura (1979-1982). No Parlamento de Galicia foi deputado por UCD (1979-1982) e por Coalición Popular (1982-1986). Presidiu a primeira Xunta preautonómica (1978), desde onde impulsou o Estatuto de Galicia, e o Parlamento de Galicia (1981-1986). Impulsor da tradución ao galego da Constitución de 1978, participou no consello de redación da Revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politicólogo e político, irmán de Antonio e Luís Rosón Pérez. Foi secretario do Sindicato Español Universitario (1962-1964), conselleiro nacional de Educación (1964-1965), e director-coordinador e secretario xeral de Televisión Española (1964-1970). Foi gobernador civil de Madrid (1976) e ministro de Interior (1980-1981). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Cisneros e a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo condado de Escocia. A súa capital era Dingwall.
-
PERSOEIRO
Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista italiano. Urbanizou Peterburgo, cidade onde construíu o Palacio Mikhajlovskij (1819-1823), o hemiciclo do Estado Maior, diante do Palacio de Inverno, o Teatro Aleksandrinskij (1832) e a praza dos Decembristas, cos edificios do Senado e do Sínodo, unidos por un arco de triunfo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Cecchino Salviati, formouse con Andrea del Sarto e con Perin del Vaga. Foi un dos introdutores en Venecia da corrente manierista de tradición florentina e romana. Recibiu a influencia de Michelangelo. Destacan os seus frescos da igrexa de Santa Maria dell’Anima de Roma (1541-1544), do Palazzo Vecchino de Florencia (1544) e do Palazzo Farnesede Roma (1555). En 1554 foi a Francia, onde participou na decoración do palacio de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Gioacchino Antonio Rossini ou á súa música.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Autor de numerosas novelas e comedias, o seu teatro foi, xunto co de Pirandello, a negación e a disolución do teatro verista e burgués do s XX. Destacan as súas óperas teatrais Marionette che passione! (1917) e Tre vestiti che ballano (1927).
VER O DETALLE DO TERMO