Rosón Pérez, Antonio
Xurista e político, irmán de Xoán X. e Luís Rosón Pérez. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1949-1951) e a Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo. Como procurador en Cortes en representación familiar pola provincia de Lugo durante a IX e a X Legislatura (1967-1977) defendeu o uso da lingua galega. Tivo unha grande actividade pública como incentivador e presidente de diversos movementos agrarios e cooperativistas en Galicia. Fundou a Agrupación Electoral Lucense, que se integrou en UCD (1977) pola que foi deputado por Lugo no Congreso de los Diputados na lexislatura constituínte (1977-1979) e senador electo pola mesma provincia na I lexislatura (1979-1982). No Parlamento de Galicia foi deputado por UCD (1979-1982) e por Coalición Popular (1982-1986). Presidiu a primeira Xunta preautonómica (1978), desde onde impulsou o Estatuto de Galicia, e o Parlamento de Galicia (1981-1986). Impulsor da tradución ao galego da Constitución de 1978, participou no consello de redación da Revista Galega de Economía (1958) e escribiu Ordenación jurídico-agraria de Galicia (1949) e Concentración parcelaria y patrimonio familiar. Bases de la resolución agraria gallega (1952). Foi membro de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e recibiu a Gran Cruz del Mérito Agrícola.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Becerreá -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela