"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Política. Ingresou en Alianza Popular en 1982, foi deputada no Congreso dos Deputados (1986-1996; 2000-2004) e nas Cortes de Aragón (1983-1986) e alcaldesa de Zaragoza (1995-2000). Foi a primeira muller que presidiu o Congreso de los Diputados (2000-2004). En 2004 foi elixida deputada europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e patriota italiano. Amigo de G. Mazzini, foi condenado a morte por contumacia (1833) e viviu moitos anos exiliado en Inglaterra. Escribiu moitas novelas en inglés e da súa obra destacan Lorenzo Benoni (1853) e Il dottor Antonio (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa desprezable e perversa.
-
proxeneta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos rufiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Delito que consiste en obter beneficio económico da protección e cooperación coa prostitución.
-
PERSOEIRO
Mártir. Morreu xunto coa súa irmá santa Xusta por orde do prefecto Dioxeniano. Represéntase coa súa irmán, vestida cunha túnica talar, levando cacharros de barro (atributo persoal), a palma do martirio, unha espada ou un anciño de pugas (supostos instrumentos do martirio), ás veces un león amansado aos pés e o perfil da Giralda de Sevilla ao fondo. A súa festividade celébrase o 17 ou 19 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo. Fillo de Simón o Cireneo, foi expulsado de Palestina e desembarcou en Marsella con santa Madalena, santa Marta e san Lázaro. Foi predicador en Aviñón e fundou a sé episcopal de Astorga. No ano 70 volveu a Aviñón e converteuse no seu primeiro bispo. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘luz’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘mañanciña’.
-
PERSOEIRO
Inventor e físico alemán. Estableceuse en París en 1840 e dedicouse á fabricación de instrumentos físicos de precisión. En 1851 ideou o dispositivo para producir correntes inducidas de alta tensión coñecido como bobina de indución ou bobina de Ruhmkoff.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse en Madrid, onde coñeceu aos primeiros grupos informalistas, e en París, onde estudou a obra de fauvistas e expresionistas. Evolucionou desde a figuración expresionista cara a unha sintetización da imaxe. Deste xeito, conectou co informalismo, resaltando os trazos máis expresivos, e chegando a mesturar o real e o irreal, expresado a través do signo e empregando pouca materia pictórica que sitúa sobre fondos neutros. Co tempo a súa obra foise simplificando. Destaca Muller de verde, Paisaxe e Árbores na tarde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estatístico. Iniciou en España o método histórico da demografía e creou un laboratorio de demografía retrospectiva no seo do Instituto Balmes. Publicou La población de Galicia según los documentos estadísticos y descripticos de cada época (1948) e Análisis estadístico de los municipios minúsculos de España: municipios de población inferior a 1001 habitantes, su localización, su estrutura, sus actividades (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Membro dunha destacada familia mexicana, en 1600 viaxou a España para estudar na Universidad de Salamanca. Considerado un dos principais dramaturgos españois do s XVII, a súa complexión física proporcionoulle crueis burlas dos seus contemporáneos, o que se relaciona co carácter ético e moralizante do seu teatro. Unha sobriedade e rara perfección na forma e un sentimento da dignidade humana constitúen algúns dos seus trazos máis característicos. Publicou vinte comedias en dous volumes, das que destacan La verdad sospechosa, Los pechos privilegiados, Ganar amigos, El tejedor de Segovia e El Anticristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria e grande de España. En 1543 Carlos I concedeulle como primoxénito da casa de Lemos o marquesado de Sarria e en 1553 nomeouno embaixador cerca da Santa Sé, cargo que lle renovou Felipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte de Lemos, e irmán de Inés de Castro e de Xoana de Castro, muller de Pedro I de Castela. Foi mordomo e alférez maior do rei, e adiantado e alférez maior de Galicia e Asturias. En 1354 capitaneou un alzamento nobiliario contra Pedro I, para logo sumarse á causa do rei castelán, que o fixo conde de Trastámara, Lemos, Sarria e Castrojeriz. Tras a Batalla de Montiel (1369) trasladouse a Portugal desde onde continou a loita contra Enrique de Trastámara
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Ingresou na orde franciscana en 1773 e secularizouse en 1808. Manifestou certo liberalismo e foi deputado nas Cortes de Cádiz representando a Canarias e o Reino de Galicia (1820-1822). Pediu a redución do décimo á metade, interveu contra a Inquisición, o voto de Santiago e os xesuítas e solicitou cambios radicais na Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Dirixiu diversas obras na catedral de Ourense en 1557 e traballou en distintos mosteiros de Galicia. En 1564 deu as trazas para o claustro do mosteiro de San Xoán de Poio. Traballou tamén en San Paio de Antealtares e pode que en San Salvador de Celanova.
VER O DETALLE DO TERMO