Rufo, san

Rufo, san

Bispo. Fillo de Simón o Cireneo, foi expulsado de Palestina e desembarcou en Marsella con santa Madalena, santa Marta e san Lázaro. Foi predicador en Aviñón e fundou a sé episcopal de Astorga. No ano 70 volveu a Aviñón e converteuse no seu primeiro bispo. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.