"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Industrial británico. Fundador e director de manufacturas téxtiles de algodón en Manchester, a súa dona fundou a John Rylands Library, que contén manuscritos miniados, papiros e edicións prínceps gregas e latinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Debutou en 1949 pero a súa consagración chegou en 1951, cando cantou no Festival de Bayreuth. Actuou no Metropolitan de Nova York e no Liceu de Barcelona, intepretando personaxes de óperas de R. Strauss e R. Wagner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (535.000 h [1997). Porto fluvial, situado na desembocadura do río Trubeš, é unha cidade industrial. Fundada a principios do s XIII, substituíu a antiga cidade do s XI e destruírona os mongois (1237). Foi ducado independente de Moscova ata 1521.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (39.600 km2; 1.298.600 h [estim 1999]). A súa capital é R’azan’
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bernardo de Sá Nogueira Figueiredo.
-
PERSOEIRO
Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa sueca dedicada á fabricación de avións, automóbiles e camións. Fundouse en 1937 co nome de Svenska Aeroplan AB (SAAB), e só fabricaba motores de aviación. En 1947 comezou a produción de automóbiles. En 1969 fusionouse Saab AB con Scania-Vabis AB (fabricante de camións, autobuses e motores diésel) e formouse o grupo Saab-Scania AB. En 1989 General Motors (GM) mercou o 50% do negocio pasando a chamarse Saab Automobile AB, e en 2000 transferiuse a propiedade total ao Grupo GM.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Lugo. A construción primitiva está moi reformada. De planta rectangular, ten unha soa nave, cuberta a dúas augas con lousa, capela maior, á que se accede por un arco triunfal de medio punto, e sancristía pegada, cuberta a catro augas. No seu interior atopáronse relevos suevos ou visigodos. A fachada é neoclásica cunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Suíza que nace no SL dos Alpes Berneses e desemboca pola esquerda, no Aare, máis abaixo de Berna, tras 129 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como narrador e poeta lírico, da súa obra destacan Novellen aus Österreich (Contos de Austria, 1877) e os poemas Wiener Elegien (Elexías vienesas, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land do O de Alemaña, situado entre o land de Renania-Palatinado e a fronteira con Francia e Luxemburgo (2.568 km2; 1.061.000 h [estim 2003]. A súa capital é Saarbrücken. A riqueza mineira, grazas ao seu desenvolvemento industrial, explica o seu crecemento demográfico. As industrias tradicionais son a siderurxia e a química, pero tivo tamén un importante incremento as industrias de transformación. A Tregua de Ratisbona (1684) creou a provincia francesa de Sarre, adherida aos territorios de Luís XIV pero, polo Tratado de Rijswijk (1697), Francia viuse forzada a devolver os territorios conquistados. Na Revolución Francesa, as tropas francesas volveron ocupar Saarland, pero coa derrota final de Napoleón I (1815), a maior parte do territorio foi cedido a Prusia. Despois da Primeira Guerra Mundial foi posto baixo a administración da Sociedade de Nacións, pero no plebiscito de 1935, máis do 90% dos seus habitantes votaron polo retorno a Alemaña. Ocupado...
-
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de orixe galega. Foi autor dun Memorial (1674) onde se recolle unha Relación, en prosa, sobre a morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, e 54 versos do Cantar del Mariscal, unha das dúas únicas versións que se conservan desta obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Nomeado ministro de Facenda en 1797 por M. de Godoy, substituíu a este como secretario de estado en 1798, aínda que tivo que dimitir ao mes seguinte. Retirado en Sevilla, dirixiu a Junta Suprema para loitar contra a invasión francesa (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador paraguaio. Participou en diversas expedicións de exploración e conquista. Foi tenente de gobernador de Asunción (1592 e 1596) e de Santa Fe (1594), e o primeiro gobernador civil de Río de la Plata (1597, 1601- 1609 e 1614-1618).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
exetación propia das rexións tropicais cunha estación seca, que é unha pradaría de herbas altas, entre as que predominan as poáceas, con árbores ou arbustos dispersos. As comunidades da sabana son xerofíticas e as súas árbores xeralmente perden a folla na estación seca. Existen diversos tipos, e algúns deles reciben denominacións particulares, como campos ou patanes. A sabana é un bioma de transición entre a selva e o deserto.
-
REXIÓNS
Rexión de Togo (8.603 km2; 410.500 h [estim 1989]). A súa capital é Dapaong (10.100 h [1989]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da pel producida a causa do frío que aparece xeralmente nas mans, nos pés e nas orellas, e que produce proído.