"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Holanda ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural de Holanda.
-
-
neerlandés.
-
Aplícase a diversas razas bovinas, orixinarias de Holanda, especializadas na produción de leite e, secundariamente, de carne.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de papel máis pequeno ca un folio, duns 22 x 28 cm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao carácter que pasa directamente de macho a macho pola transmisión do cromosoma Y.
-
PERSOEIRO
Bioquímico inglés. Illou por primeira vez o aminoácido triptófano a partir de proteínas (1902) e o tripéptido glutatión en tecidos vivos (1921). Foi un dos descubridores da existencia de factores cualitativamente mínimos (vitaminas), a súa ausencia na dieta determinaba enfermidades como o raquitismo e o escorbuto. Foi o primeiro en demostrar que o ácido láctico é un produto de refugallo da contracción muscular. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1929) xunto con Ch. Eijkman.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Soberano inca (1493-1525), fillo de Túpac Inca Yupanqui. Dominou as tribos no N do Imperio ata Chapapoyas e Mayopampa (NL do Perú). Trala súa morte, os seus fillos Atahualpa e Huáscar dividiron o seu imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui. En 1856 foi ordenado sacerdote e en 1881 foi promovido á diocese de Tui. Fundador da Asociación de Salvamento de Náufragos para socorrer os mariñeiros, foi un activo carlista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo inglés. Graduouse en 1938 e doutorouse en 1941 en Cambridge. Colaborou con A. L. Hoodgkin no estudo dos pulos nerviosos e da bomba de sodio da membrana da célula nerviosa; tamén estudiou a fisioloxía da contracción das fibras musculares. Entre as súas publicacións destaca Reflections on muscle (1980). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963), xunto con H. L. Hodgkin e J. C. Eccles.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e musicólogo. Colaborador de El Progreso no tema do ferrocarril, asinaba os seus artigos como Xan da Fouce. Autor de diversas pezas teatrais, como Viaxe perdido (1949), Chacuecadas (1961) e Andrómenas (1961), publicou un Dicionario galego da rima e galego-castelán (1950), que constituíu o primeiro dicionario específico galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas con vinte estames ou máis.
-
PERSOEIRO
Veterinario. Licenciado pola facultade de Zaragoza en 1946, instalouse en Galicia en 1962 como xefe do Servicio Provincial de Gandería de Pontevedra e, posteriormente, foi co mesmo cargo a Ourense. Traballou na selección e mellora da rubia galega, na implantación da raza pardo-alpina na metade oriental de Ourense e na mellora do gando en xeral en varias zonas de Galicia, facendo cruzamentos coa raza charmoise. Xubilado desde 1987, escribiu en numerosas revistas especializadas e en xornais como Faro de Vigo ou Celtiberia, e colaborou na Gran Enciclopedia Gallega. Destaca o artigo “Rapport sur les chavaux non domestiques existants en Galice”, na revista francesa Poney, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Alex de la Iglesia, foi director artístico de Todo por la pasta (1991) de Enrique Urbizu. Realizou Mirindas Asesinas (1991), o seu primeiro corto e co que acaparou diversos premios en numerosos festivais, e os filmes Acción Mutante (1992), galardoada no Festival de Cine Fantástico de Montréal e gañadora de tres Premios Goya, El día de la Bestia (1995), que obtivo seis premios Goya e foi galardoada nos festivais de Géradmar e Bruxelas, La Comunidad (2000), que recibiu tres premios Goya, 800 Balas (2002), pola que tamén obtivo un Premio Goya, e Crimen Ferpecto (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Tacholas, desenvolveu a súa traxectoria en Arxentina, país ao que emigrou cando tiña vinte anos. Alí participou en diversos espectáculos realizados por agrupacións escénicas afeccionadas. En 1935 uniuse á compañía de Maruxa Villanueva, e participou en diversos espectáculos creados e dirixidos por Manuel Daniel Varela Buxán e na estrea de Os vellos non deben de namorarse (1941), baixo a supervisión do propio Castelao. Posteriormente, creou as compañías Boga-Tacholas, coa súa muller Maruxa Boga, e a Compañía de Arte Folclórico Galego, coas que presentou diversos espectáculos de tipo enxebre e costumista. En 1975 visitou Galicia e participou en diversos traballos, entre eles na versión que de Os vellos non deben de namorarse realizara o grupo Teatro Circo. Participou en máis de cincuenta películas, algunhas cos mellores directores de cine arxentinos, entre as que destacan Mariñeiros (1938), Chiruca...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante de cómics. Coñecido como Kohell, nos seus inicios colaborou co grupo ourensán Frente Comixario. Realizou, entre outros, os debuxos de Impresiones de la Isla e Gorka e colaborou na antoloxía Comix 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de radiacións luminosas baseada na excitación de átomos ou de moléculas por acción térmica. Ten lugar en corpos a alta temperatura e é característico de cada substancia, como as estrelas, o sol ou o filamento de wolframio atravesado por corrente eléctrica.
-
-
Relativo ou pertencente á incandescencia.
-
Que presenta incandescencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
nefando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grande acumulación de xeo que, en forma de lente biconvexa, cobre unha superficie extensa, cun espesor medio na parte central, superior aos 2.000 m. Os máis grandes son o de Groenlandia (1.660.000 km2) e o da Antártida (máis de 13.000.000 km2).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.