"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político exipcio. Militar de carreira, foi antibritánico declarado e un dos oficiais libres que colaborou no derrocamento do Rei Fārūq I (1952). Presidiu a Asemblea Nacional (1961-1968), foi vicepresidente da república (1969) e, á morte de Nasser (1970), foi elixido presidente. Reelixido en 1976, deu unha nova orientación á política exterior exipcia, decantándose por EE UU e iniciando conversas de paz con Israel. En 1981 ordenou a persecución dos islámicos radicais, que o asasinaron nun desfile militar. Recibiu, compartido con Mena ḥ em Begin, o Premio Nobel da Paz pola firma dos Acordos de Camp David (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, marqués de Sade. Desde 1768, a súa vida quedou marcada polo escándalo e a prisión; e en 1794 comezou a publicación dalgunhas obras escritas en etapas de cautividade como Justine ou les malheurs de la vertu (1791), La philosophie dans le boudoir (1795) e La nouvelle Justine, suivie de l’histoire de Juliette, sa soeur (1797). Unha boa parte da súa produción non foi publicada ata o s XX como Historiettes, contes et fabliaux (1926) e Les cent vingt journées de Sodome (1931-1935), ademais de cartas e doutros escritos inéditos. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu lugar ao termo sadismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Nas súas novelas e narracións describiu a paisaxe e o espírito moldavo. Destacan Hanu-Ancuţei (A fonda de Ancu ṭ a, 1928), Baltagul (A machada, 1930) e a triloxía Fratii Ideri (Os irmáns Ider, 1935-1942). En 1961 recibiu o Premio Lenin da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Predicou o Evanxeo pola zona dos Pireneos. Está considerado o primeiro bispo de Toulousse. Negouse a ofrecer sacrificios aos deuses e morreu martirizado. A súa iconografía represéntao vestido de pontifical con capa e mitra (bispo) e cun báculo episcopal ou bordón con cruz de dobre traveseiro por ser evanxelizador. A súa festividade celébrase o 29 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Cultivou a pintura de interiores, nun estilo marcadamente arquitectónico. Destaca Interior da igrexa de Assendelft (1649).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Lugo (1762-1768), durante o seu goberno construíuse a portada principal da catedral e a capela maior. Foi arcebispo de Zaragoza (1768-1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte, especializouse no estudo da prataría. Escribiu La platería en Monforte de Lemos (1987), La colección de platería de Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra (1995), Arte de la platería en la Mariña Lucense, siglos XVI, XVII y XVIII (1999), con Y. Kawamura, La platería en la diócesis de Tui (2001), Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición (2002) e La platería en la Tierra de Lemos (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante azínico básico, xeralmente vermello, que deriva da fenazina. Empréganse para a tinguidura de la, seda e algodón, e tamén en tinguiduras biolóxicas, especialmente en microbioloxía.
-
PERSOEIRO
Astrofísico. Foi director do laboratorio de atmosferas planetarias e profesor de diversas universidades. Coñecido polos seus traballos sobre atmosferas e superficies planetarias, formulou a hipótese da existencia do efecto invernadoiro na atmosfera de Venus (1960). Formou parte dos equipos de traballo das misións Mariner 9, e Viking 1 e 2 a Xúpiter e Saturno. Traballou tamén en exobioloxía. Escribiu, entre outras obras, The Dragons of Eden (1977) e The Demon-Haunted World: Science as a Candle in the Dark (Random House) (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Quoirez.
-
PERSOEIRO
Escritora rusa de orixe armenia. Deuse a coñecer coa recompilación Orientalia (1913). Escribiu novelas sobre a revolución e a guerra civil, como Peremena (O cambio, 1924), novelas de aventuras, reportaxes e estudos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico. Foi profesor en Calcuta e estudou os fenómenos atmosféricos estelares, a coroa solar, a presión da radiación e a ionización, polo que estableceu a ecuación que leva o seu nome, e que expresa a frecuencia coa que os ións pasan dun estado de ionización a outro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do Sáhara Occidental durante o dominio español.
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India (373.904 h [1991]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias papeleiras, do tabaco e azucreiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chaqueta longa, de tecido xeralmente lixeiro, con petos superpostos e con cinto. Antigo uniforme militar das tropas coloniais, adoptouna despois a indumentaria civil.
-
-
Relativo ou pertencente ao Sáhara, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Sáhara.
-
Familia de linguas do phylum nilo-sahariano que se fala no Chad (teda e o zaghawa) e no NO de Nixeria (kanuri).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Sahel.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -