Sadat, Mu ammad Anwar al-
Sadat, Mu ammad Anwar al-
Político exipcio. Militar de carreira, foi antibritánico declarado e un dos oficiais libres que colaborou no derrocamento do Rei Fārūq I (1952). Presidiu a Asemblea Nacional (1961-1968), foi vicepresidente da república (1969) e, á morte de Nasser (1970), foi elixido presidente. Reelixido en 1976, deu unha nova orientación á política exterior exipcia, decantándose por EE UU e iniciando conversas de paz con Israel. En 1981 ordenou a persecución dos islámicos radicais, que o asasinaron nun desfile militar. Recibiu, compartido con Mena ḥ em Begin, o Premio Nobel da Paz pola firma dos Acordos de Camp David (1978).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tala, Minûf&# -
Deceso
Lugar : O Cairo