"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antigo priorado cisterciense, dependente do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que está situado en Rodeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Sallustianus, patronímico de Sallustius, do latín sallustius ou salustius ‘saudable’, probablemente derivado de salus ‘saúde’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, profesor e investigador. Destacou a súa loita contra rutinas e supersticións, en prol da inoculación e da vacina antivariólica, e en xeral da hixiene e da salubridade pública. Os seus estudos comprenden campos tan diversos como a navegación aerostática, o telégrafo eléctrico e sen fíos, a navegación submarina, o impulso para o desenvolvemento das comarcas, a conservación química dos alimentos, a meteoroloxía e melloras técnicas para a industria, ademais de estudos demográficos e sociais. Escribiu Años clínicos e Pensamientos sobre el arreglo de la enseñanza del arte de curar (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Despois dunha viaxe por diversos países do Mediterráneo, e influída por Costa i Llobera, comezou a escribir unha poesía marcada pola relixiosidade, que reflectiu en Poesies (1910), Espigues en flor (1926), El retorn (1934), Llepolies i joguines (1946) e Lluneta del pagès (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, irmán de Luis Salvador Carmona. Introduciu o estilo francés en Madrid. Dos seus gravados, dentro da tendencia rococó, destacan os realizados segundo debuxos do pintor Charles de la Traverse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Leigo franciscano. Pasou a maior parte da súa vida no convento de Horta (Tarragona). Realizou curacións milagrosas e austeras penitencias e exerceu sempre os máis humildes oficios, como porteiro ou cociñeiro. En Barcelona foi procesado pola inquisición polos seus milagres (1560), sen que o puidesen castigar. A súa iconografía represéntao cun hábito pardo (leigo franciscano) e porta como atributo persoal un aspersorio co que sanaba. A súa festividade celébrase o 18 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras francés. En 1407 está documentado na catedral de Rouen, onde restaurou a fachada, construíu a portada de Saint-Jean-Baptiste e restaurou o coro gótico flamíxero (1432). Fixo a torre do castelo de Tancarville (1400-1411) e un palacio fortaleza para o Rei Enrique V de Inglaterra (1418-1420) en Rouen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A excepción de.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial da arsfenamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En Roma foi alumno de Canova e Thorwaldsen. Conservador do Museo del Prado (1829), realizou a parte escultórica da fachada. Das súa sobras destacan os sepulcros do cardeal Luís María de Borbón na catedral de Toledo e o da condesa de Chinchón no palacio de Boadilla del Monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Sassoferrato, foi discípulo de Il Domenichino. Pintou sobre todo madonas, de cores brillantes e tons piadosos, das que destacan Madonna del Rosario e Assunzione.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formouse con J. Coustou e en Italia (1740-1748). En 1751 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture. Traballou en Copenhaguen (1753-1774), onde fixo a estatua ecuestre de Federico V, na praza de Amalienburg, e dirixiu a Academia de Pintura e Escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Pioneiro da fotografía documental arqueolóxica. Impactado por unha viaxe a Xerusalén (1850-1851), volveu á zona como comisionado do goberno francés para fotografar as ruínas, algo que tamén fixo en Oriente Medio e Rodas. Publicou Jérusalem, époques judaïque, romaine, chétienne, arabe, explorations photographiques (1854), Bijoux phénéciens (1864) e a póstuma Nécropole de Camirros (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Coñecido como Rudolf Slánský, foi membro do Partido Comunista (1921) e formou parte do Comité Central (1929) e da Asemblea Nacional (1935). Despois da Segunda Guerra Mundial foi secretario xeral do partido e viceprimeiro ministro (1948). En 1951 foi destituído e executado, acusado de ser axente sionista e espía das potencias occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da costa NL da República Dominicana, situada entre a bahía homónima ao S e a baía Escocesa ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (854 km2; 91.875 h [2002]). A súa capital é Santa Bárbara de Samaná 51.501 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (15.465 km2; 274.000 h [estim 1982]). A súa capital é Āybak (5.200 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía samánida.

    2. Membro da dinastía samánida.

    3. Dinastía musulmá que gobernou Persia e Transoxiana desde 892 a 999. O Imperio Samánida estendeuse a Corasmia, Ṭabaristān, Sīstān e Ǧurǧān, e os crecentes estados veciños buwayhí e os il-khans velaron por ela. As loitas familiares internas foron deixando o goberno en mans de escravos funcionarios turcos, un dos cales, Alptigīn, a aniquilou definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fiel á corrente didáctica do neoclasicismo e seguidor dos enciclopedistas franceses, cultivou o xénero da fábula, para o que seguiu os modelos dos clásicos, Esopo e Fedro, e dos máis modernos, como La Fontaine. Escribiu Fabulas morales (1781) e o opúsculo contra Iriarte Observaciones sobre las fábulas literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro da Resistencia grega durante a ocupación nazi, ao ser descuberto foi condenado a morte. Considerado un dos máis destacados escritores gregos da súa xeración, denunciou en moitas das súas obras a represión como en O erro (1965), de carácter policial e político.

    VER O DETALLE DO TERMO