samánida
samánida
(< antropónimoSāmān Judāt)
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía samánida.
-
s
m
Membro da dinastía samánida.
-
s
dinastía samánida
[HIST]
Dinastía musulmá que gobernou Persia e Transoxiana desde 892 a 999. O Imperio Samánida estendeuse a Corasmia, Ṭabaristān, Sīstān e Ǧurǧān, e os crecentes estados veciños buwayhí e os il-khans velaron por ela. As loitas familiares internas foron deixando o goberno en mans de escravos funcionarios turcos, un dos cales, Alptigīn, a aniquilou definitivamente.